Aumentaban os crentes no Señor: multitudes de homes e mulleres-Feit 5, 12-16
Domingo 2 de Pascua - ciclo C
CANDO ACABA A NOITE...
Preguntou un gurú
aos seus discípulos se saberían dicir cando acababa a noite e comezaba o día.
Un deles díxolle:
- “Cando ves un
animal a distancia e podes distinguir se é unha vaca ou un cabalo”
- “Non”. Díxolle o
gurú.
- “Cando miras unha
árbore a distancia e podes distinguir se é un carballo ou unha amendoeira”.
- “Tampouco”, díxolle o gurú.
-
“Está ben”, dixeron os discípulos.
-
“Dinos cando é”.
-
“Cando lle miras ao rostro a un
home e recoñeces nel a teu irmán; cando lle miras á cara a unha muller e
recoñeces nela a túa irmá. Se non es capaz disto, daquela, sexa a hora que sexa
aínda é de noite”.
(Antony de Mello)
Comentarios
Publicar un comentario