Tes celos por min? Quen me dera que todo o pobo do Señor fosen profetas!-Núm 11, 25-29
Domingo 26 de Ordinario - ciclo B
A
ENTRADA NA VIDA
Moitos queren entrar na vida pola porta ancha,
ben vestidos e ben calzados,
rodeados de comodidades, de fama e de honor,
sen a máis cativa mancadela
nin no corpo nin no espírito.
Deste xeito case nunca se entra na vida.
Na vida éntrase normalmente coa fama
escachada,
co traxe rachado, moitas veces espido,
e sen zapatos nos pés.
Na vida éntrase con rabuñadas no corpo,
e faltos dunha man, dun pé ou dun ollo.
Na vida éntrase co espírito roto,
coa alma dorida e co corazón sangrando.
A vida non é a meta da comodidade.
A vida é un don de Deus para os humildes,
para os esforzados, para os pecadores,
para os valentes, para os débiles,
para os que teñen corazón,
para os que loitan pola vida,
para os queren a verdade,
para os que gozan coa súa presenza,
para os a choran cando se vai.
A vida nunca cadra cos cómodos,
cos apáticos, cos aburridos,
cos “tanto- ten”, cos “que- máis- dá” .
A vida é un regalo de Deus,
que se traballa día a día.
Comentarios
Publicar un comentario