Condenémolo a unha morte ignominiosa - Sab 2, 12. 17-20
Domingo 25 do Tpo.Ordinario - ciclo B
SER
IRMÁN
Señor,
faime un bo amigo de todos.
Fai: que a miña persoa inspire confianza
a quen sofre e se lamenta,
a quen busca luz lonxe de ti,
a quen quixer comezar hoxe
e non sabe como,
a quen quixer confiarse
e non se sente capaz ...
Señor,
axúdame para que non pase xunto a alguén
co rostro indiferente,
co corazón pechado,
co paso apresurado ...
Señor,
Axúdame a decatarme inmediatamente
dos que están preto de min,
dos que están preocupados e desorientados,
dos que sofren sen manifestalo,
dos que se senten illados sen querelo …
Señor,
dáme unha sensibilidade
que sexa capaz de ir ao encontro de todos.
Señor,
líbrame do egoísmo
para que poida servirte,
amarte e escoitarte
en cada irmán que pos no meu camiño.
Comentarios
Publicar un comentario