15 sept. 2015

Santa María, Virxe das Dores






María, Virxe das Dores,
ti que estiveches ata o final xunto á cruz de Xesús, e que na persoa do discípulo amado nos recibiches a todos como a fillos e fillas moi queridos,... escoita hoxe, á tardiña deste Venres Santo, a nosa súplica:

María, Virxe das Dores,  
polos que viven en situación de desamparo, polos que pasan a noite nun caixeiro automático, ...no banco dunha praza, baixo unha ponte,...por todos os "sen teito",...
Nai de misericordia, intercede por nós

María, Virxe das Dores,  
polas vítimas desta crise económica, polos homes e mulleres que buscan desesperadamente un emprego para gañar o sutento diario, polos que viven angustiados baixo o peso de débedas impagables, polos que hoxe se deitarán sen cear,...
Nai de misericordia, intercede por nós.

María, Virxe das Dores,  
polos nenos e mozos que sofren, polos que se atopan en situación de risco e marxinalidade, polos que padecen abandono afectivo,...
Nai de misericordia, intercede por nós.

María, Virxe das Dores,  
polos que padecen enfermidades dolorosas, polos que carecen dunha atención sanitaria digna, polos enfermos que ninguén visita,...
Nai de misericordia, intercede por nós.

María, Virxe das Dores,  
polos que perderon a fe, polos que viven sen esperanza, polos que están sós e deprimidos, polos que xa non rezan, polos que xa non poden máis,... 
Nai de misericordia, intercede por nós.

María, Virxe das Dores,    
por todas as vítimas das guerras, polos refuxiados que buscan a paz fóra do seu fogar, das catástrofes naturais, das accións terroristas, da violencia doméstica,...
Nai de misericordia, intercede por nós.

María, Virxe das Dores,  
polos que perderon algún familiar recentemente, e se atopan abatidos,...
Nai de misericordia, intercede por nós.

María, Virxe das Dores,
polos que están nos cárceres e ninguén visita, polos que son sometidos a tortura, polos silenciados,...
Nai de misericordia, intercede por nós.

María, Virxe das Dores,  
por todos os rostros que reflicten os trazos sufrientes do teu fillo crucificado,...
Nai de misericordia, intercede por nós.

Oremos:
Señor, ti quixeches que a Nai compartise as dores do teu Fillo ao pé da cruz; fai que a Igrexa, asociándose con María á paixón de Cristo, mereza participar da súa resurrección.

Polo noso Señor Xesucristo. Amén.




No hay comentarios:

Publicar un comentario