As vosas riquezas podreceron - Sant 5, 1-6

Domingo 26 de Ordinario - ciclo B


BENAVENTURADOS 
OS QUE NON EXCLÚEN

Hai unha benaventuranza que boto en falta:
“benaventurados aqueles que son tan limpos,
tan sinxelos e boaxente,
que non preguntan quen é ese”.

É máis frecuente nos nosos lares,
nas nosas parcelas e comunidades,
facer distingos: “ese é, ese pensa”.
Onde falas, Xesús, no teu Evanxeo, de exclusión,
de privilexios adquiridos ou de exclusividade?

Señor Xesús, que a dureza do meu corazón
se torne abrazo, compaña e apoio
para quen fan deste mundo
unha terra de irmáns.
                                
   Pedro Fraile

Comentarios

Publicacións populares