6 sept. 2015

Non é que Deus elixiu os pobres como herdeiros do reino? - Sant 2, 1-5

Domingo 23 do Tpo. Ordinario - ciclo B


A CONVERSIÓN DO CORAZÓN

 Estamos convidados a emprender un camiño 
no que, desafiando a rutina, 
nos esforcemos por abrir os ollos e os oídos, 
pero sobre todo, a abrir o corazón, 
para ir máis aló de nosa "pequena horta". 

Abrirnos a Deus e aos irmáns. 

Ante tantas feridas que nos fan mal 
e que nos poderían endurecer o corazón, 
estamos chamados a mergullarnos no mar da oración, 
que é o mar do amor ilimitado de Deus.
Axúdanos a adestrar o corazón ao esencial e ao compartir. 
É un signo de toma de conciencia e de responsabilidade 
fronte ás inxustizas, aos atropelos, 
especialmente con respecto aos pobres e aos pequenos, 
e é signo da confianza que pomos en Deus 
e na súa providencia. 

Francisco, Papa



No hay comentarios:

Publicar un comentario