Ofrecinlles o meu lombo aos que me ferían - Is 50, 5-9a
Domingo 24 do Tpo.Ordinario - ciclo B
ORACIÓN DA
COMUNIDADE CRISTIÁ
COMUNIDADE CRISTIÁ
Señor Xesús,
Ti viñeches para anunciar o comezo do Reino,
e chámasnos a te seguir.
Pero non queres seguidores individuais
que vivan en solitario a súa aventura.
Nós queremos ser COMUNIDADE:
e ti axúdasnos a formar unha comunidade viva,
na que todos nos saudemos e nos queiramos;
na que celebremos e compartamos a fe
e poñamos á disposición dos outros
as calidades que cada un ten;
na que todos nos sintamos
evanxelizados e evanxelizadores;
na que vivamos concretamente
o misterio e a responsabilidade de ser Igrexa.
Señor Xesús:
queremos ser seguidores teus,
para anunciar e construír o Reino
en COMUNIDADE!
Ti axúdasnos. Amén.
Comentarios
Publicar un comentario