Se a fe non frutifica en obras, está morta - Sant 2, 14-18
Domingo 24 do Tpo.Ordinario - ciclo B
FELICIDADE NO
NOVO MILENIO
Ama sen medo a pasarte.
Ama ata sentir que che doe.
Ama aínda eu todo te invite a non facelo.
Ama cada día, como se nunca máis o foses facer.
Ama e sé tan feliz que, sen dicilo, se te note.
Ama aínda que non te amen.
Ama a quen ninguén ama e todos odian.
Ama en calquera idioma a todos os irmáns.
Ama máis a quen menos ama.
Ama ata que sorría o teu corazón.
Ama aínda que penses que non avanzas:
O Bo Deus é capaz de sacar todo da nada.
Ama ata que digan que estás tolo.
Ama o luns negro, o martes trece,
o mércores de cinsa, o xoves calquera,
o venres amargo e o sábado santo,
porque así amarás tamén
o Domingo de Resurrección.
Ama porque todo o poderías perder, pero
ninguén poderá impedirte xamais que ames.
Ama e, cando xa non poidas máis,
cando o teu corazón sangre de dor polo irmáns,
non o dubides: Sigue amando!
Ama a quen nada ten e ninguén vai darlle nada.
Ama na certeza de que alguén xa te amou e te ama
como xamais comprenderás:
ata o exceso.
ata o exceso.
Comentarios
Publicar un comentario