8 de setembro - Natividade da Virxe María

Natividade da Virxe Santa María 

Festa 

 

PRIMEIRA Miq 5, 1-4a 

 Tempo no que parirá a parturiente 

 PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE MIQUEAS 


5 1E ti, Belén de Efratah, tan pequeniña entre as familias de Xudá, de ti vai saír un que
será o soberano de Israel; a súa orixe é desde antigo, desde os días do comezo.

2El seranos conservado para sempre, mentres haxa muller que dea a luz; o resto dos
seus irmáns volverá, e serán devoltos os fillos de Israel.

3Manterase firme e pastorearán co poder do Señor, coa gloria do nome do Señor, o seu
Deus,

e cando se instalen ata o mesmo cabo da terra, estenderá a súa grandeza:

4 "o da Paz" será o seu nome.



Ou: Rm 8, 28-30 

 Ós que Deus coñeceu de antemán, predestinounos 

 PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS 
ROMANOS 


Irmáns e irmás:

28Sabemos que todo colabora para o ben dos que aman a Deus, dos que foron
escolleitos segundo os seus designios. 29Pois El distinguiunos primeiro e
predestinounos a reproducírmo-la imaxe do seu Fillo, de tal maneira que El sexa o
primoxénito entre moitos irmáns. 30E a eses que predestinou, tamén os chamou; e a
eses que chamou, tamén os xustificou; e a eses que xustificou, tamén lles deu a súa
gloria.



SAL. RESP. Sal 12, 6ab. 6cd 

R/ (Is 61, 10) Alegrareime sobremaneira no Señor 



6Eu confío no teu amor,


 o meu corazón relouca coa túa axuda.



 Cantareille ó Señor

 polo ben que me fixo.




ALELUIA 

Ditosa ti, Santa Virxe María e dignísima de toda louvanza

porque de tí naceu o sol de xustiza, Cristo noso Deus





EVANXEO Mt 1, 1-16. 18-23 (máis longo) ou 18-23 (máis breve) 

 O que nela naceu, é do Espírito Santo 

 PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO 

 Xenealoxía de Xesús Cristo, fillo de David, fillo de Abraham. 2Abraham enxendrou a
Isaac. Isaac enxendrou a Xacob. Xacob enxendrou a Xudá e mais ós seus irmáns.
3Xudá, de Tamar, enxendrou a Peres e mais a Zarán. Peres enxendrou a Esrón. Esrón
enxendrou a Arán. 4Arán enxendrou a Aminadab. Aminadab enxendrou a Naasón.
Naasón enxendrou a Salmón. 5Salmón, de Rahab, enxendrou a Booz. Booz, de Rut,
enxendrou a Obed. Obed enxendrou a Iexé. 6Iexé enxendrou ó rei David.

David, da que foi muller de Urías, enxendrou a Salomón. 7Salomón enxendrou a
Roboam. Roboam enxendrou a Abías. Abías enxendrou a Asá. 8Asá enxendrou a
Ioxafat. Ioxafat enxendrou a Ioram. Ioram enxendrou a Ozías. 9Ozías enxendrou a
Ioatán. Ioatán enxendrou a Acaz. Acaz enxendrou a Ezequías. 10Ezequías enxendrou a
Menaxés. Menaxés enxendrou a Amón. Amón enxendrou a Ioxías. 11Ioxías enxendrou
a Ieconías e mais ós seus irmáns, en tempos da deportación a Babilonia.

12Despois da deportación a Babilonia, Ieconías enxendrou a Xealtiel. Xealtiel
enxendrou a Zerubabel. 13Zerubabel enxendrou a Abiud. Abiud enxendrou a Eliaquim.
Eliaquim enxendrou a Asor. 14Asor enxendrou a Sadoc. Sadoc enxendrou a Aquim.
Aquim enxendrou a Eliud. 15Eliud enxendrou a Elazar. Elazar enxendrou a Matán.
Matán enxendrou a Xacob. 16Xacob enxendrou a Xosé, esposo de María, da que naceu
Xesús, chamado Cristo.

18O nacemento de Xesús Cristo foi así: María, a súa nai, estaba prometida a Xosé; e
antes de viviren xuntos apareceu ela embarazada por obra do Espírito Santo. 19Xosé, o
seu prometido, home xusto, non a querendo aldraxar, decidiu repudiala secretamente.
20Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle:

-Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que
nela se concebiu é obra do Espírito Santo. 21Dará a luz un fillo, e ti poñeraslle de nome
Xesús, porque salvará ó seu pobo de tódolos seus pecados.

22Todo isto aconteceu para que se cumprise o que dixera o Señor por boca do profeta:

23"Mirade: a virxe concebirá e dará a luz un fillo,

e poñeranlle de nome Emmanuel"

(que quere dicir "Deus connosco").



FICHAS ADAPTADAS DE: 







Comentarios

Publicacións populares