O froito da xustiza seméntase na paz para aqueles que cultivan a paz-Sant 3,16-4, 3

Domingo 25 do Tpo.Ordinario - ciclo B


ONDE HAXA UNHA ÁRBORE

Onde haxa unha árbore que plantar,
plántaa ti.
Onde haxa un erro que resolver,
resólveo ti.

Onde haxa un esforzo que ninguén queira facer,
acéptao ti.
Que sexamos os que apartan as pedras do camiño,
a xenreira dos corazóns, as dificultades dos problemas.

Hai a ledicia de ser san e xusto,
pero hai, sobre todo, a inmensa ledicia de servir.
Que non caiamos no erro de pensar
que só se fan méritos cos grandes traballos.

Hai pequenos servizos que nos fan grandes:
poñer unha mesa, ordenar uns libros,
estreitar unha man, axudar aos veciños ...

Servir non é tarefa de seres inferiores.
Deus, que é froito e luz, serve.
E pregúntanos cada día: Serviches hoxe?
                                 

  (Gloria Fuertes) 

Comentarios

Publicacións populares