DINÁMICA PARA CONFIRMACIÓN
A BARALLA DA MIÑA VIDA
DESTINATARIOS:
Mozos de preconfirmación e confirmación.
Se axustamos as preguntas podemos empregar o xogo con calquera outro grupo.
Se axustamos as preguntas podemos empregar o xogo con calquera outro grupo.
OBXECTIVO:
Que os mozos do grupo coñezan algunhas das vivencias que
tiveron os seus compañeiros, así como de que cada un analice o que foi a súa
vida e como Deus sempre estivo con el.
METODOLOXÍA:
Necesitamos un dado, e unha baralla por cada catro persoas
que existan no grupo. As cartas han de estar numeradas por detrás, do 1 ao 20.
Para comezar, cada membro do grupo tirará o dado. A persoa que obteña a
puntuación máis baixa tomará dúas cartas e contestará as dúas preguntas que lle
toquen. Quen obteña a maior puntuación co dado tomará unha carta e poderalle
facer a pregunta a calquera das outras persoas do grupo. Os demais, collerán
unha carta e contestarán a pregunta. Cada vez que termine a quenda, recóllense
as cartas, barállanse e ponse boca abaixo para comezar de novo. E realízase ata
catro veces.
A BARALLA DA MIÑA VIDA
Para rematar o xogo, aconséllase que xuntos reflexionen e
compartan dentro do grupo a experiencia da dinámica. Estas preguntas poden
servir de guión, para esta reflexión final.
1.Como te sentiches cando tiñas que contestar algunha
pregunta?
2.Que situacións da vida doutros mozos do teu grupo te chamarone
a atención? Por que?
3.Que situacións da túa vida aseméllanse ás doutros membros
do grupo?
4.Que conclusións podes obter desta dinámica?
Comentarios
Publicar un comentario