16 feb. 2014

Tal se lle dixo aos antigos; pero eu vos digo - Mt 5, 17-37

Domingo 6 de Ordinario - ciclo A


ELIXE AMAR EN LUGAR DE ODIAR

Elixe amar en lugar de odiar,
crear en lugar de destruír,
perseverar en lugar de claudicar,
loar en lugar de criticar,
curar en lugar de ferir,
ensinar en lugar de esconder,
dar en lugar de roubar,

actuar en lugar de aprazar,
medrar en lugar de conservar,
bendicir en lugar de blasfemar,
compartir en lugar de almacenar,
sementar en lugar de recoller,
vivir en lugar de morrer.. ..

E saberedes por que a miña palabra
é palabra de vida
e o meu Evanxeo é Boa Nova,
por que de nada serve,
aínda que sexa o que se leve,
botar a un vestido vello
remendos de pano novo
e viño novo en odres vellos.

Deixemos xa de soñar en rebaixas,
e non intentemos comprar o Reino! :
O cristián e a cristiá
non se arrastran baixo o peso da lei;
senón que corren libremente
impulsados polo amor.


No hay comentarios:

Publicar un comentario