A5. O xusto brilla na tebra coma unha luz - Salmo 111
Domingo 5 - Ordinario A
“TODO OU NADA” / “ALGO”
Os nenos e os inmaturos só coñecen "todo
ou nada";
o home adulto sabe que o único real é sempre
"algo".
Se coidas unha abella, haberá máis mel no
panal.
Se evitas unha inxustiza, haberá máis xustiza
no mundo.
Se cultivas unha roseira, haberá máis rosas no
xardín.
Se amas, Deus estará máis presente no mundo.
Se sementas un gran de trigo, haberá máis pan
sobre a terra.
Se creces ti como persoa, haberá máis
humanidade no mundo.
Se acendes unha vela, haberá máis luz na
noite.
Se vives na verdade, haberá menos mentira no
mundo.
Se coidas un niño de andoriñas,
haberá máis andoriñas na primavera.
Se vives en liberdade, haberá máis liberdade
no mundo.
Se acendes un lume, haberá menos frío no
inverno.
Se irradias a túa ledicia, haberá menos
tristezas no mundo.
Se esperas cambiar ti cando cambie o mundo,
morrerás sen vivir;
se comezas cambiando ti, xa estás a cambiar o
mundo..
Comentarios
Publicar un comentario