Domingo 7 de Ordinario A
7º DOMINGO DO TEMPO ORDINARIO - CICLO
A
Primeira Lectura Lev 19, 1-2.
17-18
LECTURA DO LIBRO DO LEVÍTICO
Amarás o teu próximo coma a ti mesmo
Naqueles días, díxolle
o Señor a Moisés:
‑
Fálalle á comunidade dos fillos de Israel e dilles:
"Sede santos, porque santo son eu, o Señor, o voso Deus.
Non terás odio no corazón ao teu irmán. Reprenderás o teu
próximo, para non cargar co seu pecado.
Non te vingarás nin lles terás xenreira aos teus veciños.
Amarás o teu próximo coma a ti mesmo.
Eu son o Señor".
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 102,
1-2 . 3-4. 8 e 10. 12-13
R/ (8a): O Señor é misericordioso e clemente.
Alma miña, bendí o Señor
e todo o meu ser, o seu santo nome.
Alma miña, bendí o Señor,
non esquezas os seus beneficios.
El perdoa as túas culpas
e sanda as túas doenzas;
rescata a túa vida da morte
e coróate de amor e de tenrura;
O Señor é misericordioso e clemente,
tardo á ira e rico en mercés.
Non nos trata conforme aos nosos erros
nin nos paga conforme ás nosas culpas.
Canto dista o nacente do poñente,
así arreda de nós as nosas culpas;
canto un pai ama os seus fillos,
así ama o Señor os que o temen.
Segunda Lectura 1 Cor 3,
16-23
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS CORINTIOS
Todo é voso, vós de Cristo e Cristo de Deus
Irmáns:
Non sabedes que sodes
templo de Deus e que o Espírito de Deus habita en vós? Se alguén destrúe o
templo de Deus, o Señor destruirao a el. Porque o templo de Deus é sagrado e
iso sodes vós.
Que ninguén se engane.
Se entre vós hai algún que se crea sabio ao xeito deste mundo, fágase parvo,
para volverse sabio de verdade. Porque a sabedoría deste mundo é burremia
diante de Deus.
Que está escrito:
El pilla os listos na
súa propia astucia.
E tamén:
O Señor coñece os
pensamentos dos sabios
e sabe que son vans.
De modo que ninguén
alardee apoiado nos homes. Porque todo é voso, certamente: tanto Paulo coma
Apolo coma Cefas; tanto o mundo coma a vida e coma a morte; tanto o presente
coma o futuro. Todo é voso; pero vós sodes de Cristo e Cristo é de Deus.
Palabra
do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA 1 Xn 2, 5
Se non se canta, pódese omitir
Aleluia, aleluia.
En quen garda a Palabra de Cristo,
verdadeiramente nel chega á plenitude o Amor de Deus.
Aleluia.
Evanxeo Mt 5, 38-48
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Amade os vosos inimigos
Naquel tempo, díxolles
Xesús aos seus discípulos:
‑ Tendes oído que se
vos dixo: "Ollo por ollo e dente por dente". Pero eu dígovos: Non
opoñades resistencia ao malévolo; mais se alguén che da un lapote na túa
meixela dereita, preséntalle a outra.
A quen queira preitear
contigo e che leve a túnica, déixalle ir tamén o mantelo; a quen te obrigue a
camiñar con el unha milla, acompáñao dúas. A quen che pide, dálle; e non lle vires
as costas a quen quere que ti lle fagas préstamo.
Tedes oído que se vos
dixo: Amarás o teu próximo e aborrecerás o teu inimigo. Pero eu dígovos: Amade
os vosos inimigos e pregade polos que vos perseguen. Así seredes fillos de voso
Pai que está no ceo, que fai saí-lo seu sol sobre os malos e os bos, e chover
sobre xustos e inxustos.
Porque, se amades os
que vos aman, que recompensa ides ter? Non fan o mesmo os publicanos? E se
saudades soamente a vosos irmáns, que facedes de máis? Non fan outro tanto os
pagáns? Daquela sede bos, como o voso Pai celestial é totalmente bo.
Palabra
do Señor R/.
Loámoste, Cristo
Nin
nos compran nin nos vendemos. Somos agasallo de Deus: somos para o amor
Remol da palabra-Domingo 7 Tpo Ord A
Remol da palabra-Domingo 7 Tpo Ord A
PÓRTICO
Unha das maiores aspiracións que ternos as persoas é a
vivir en paz, sen confiaos; pero pensamos que iso se reduce a que non haxa
guerra nin violencia. Porén, somos consumidores de programas na televisión e na
radio que nin fomentan nin educan na paz e moito menos no amor, especialmente a
aquela persoa que nos fixo mal.
A celebración de hoxe é unha chamada de atención a nós
que nos consideramos cristiáns, para que fomentemos o amor dende o mais cotiá,
dende a familia, o barrio, as parroquias e que sexamos quen de non quedar
calados diante de tanta inxustiza e de tanta prepotencia. Non esquezamos que é
a raíz e o profundo do noso sermos cristiáns.
PERDÓN
q Porque confundimos amor con comodidade e
utilización dos demais, SE NOS FALTA O AMOR, SEÑOR, NON NOS SIRVE DE NADA.
q Porque esquecemos que sen amor falar de
felicidade, xustiza e liberdade é baldío, SE NOS FALTA O AMOR, CRISTO, NON NOS
SIRVE DE NADA.
q Porque nos faltan compaixón e misericordia
para escoitar e buscar entender aos que ternos máis
preto, SE
NOS FALTA O AMOR, SEÑOR, NON NOS SIRVE DE NADA.
REMUÍÑO
· Amar ao próximo. Este é o reto que cando nos erguemos
cada día ternos por diante. E que difícil é! Porque próximo é o compañeiro de
traballo que é un folgazán e preguiceiro; próximo é aquel familiar que só
aparece pola casa para pedir que lle dean e é incapaz de botar unha man cando
sabe que hai moito que facer e o necesitan; próximo é aquel veciño que está
máis preocupado do que fan os outros que de orientar a súa vida traballando con
honestidade, tratando con igualdade e respecto aos da súa casa ou poñendo
creatividade e esforzo comunitario á hora de facer cousas na e pola parroquia.
Desde esta clave ternos que entender o texto da
primeira lectura que nos invita a amar ao próximo corno a nós mesmos. Un amor
que é entrega xenerosa e que redunda no ben de todos: no dos demais e no de un
mesmo.
· E no
centro dese amor, o que move, o que orienta, o que vai facendo que teña sentido
e pague a pena vivir desde el, está Cristo. Non o Cristo que tantas veces
aparece secuestrado polos intereses duns e outros; tampouco o Cristo que lle
serve aos fundamentalistas para excluír a quen non pensa coma eles; e menos o
Cristo que a pesares de encarnarse para asumir a nosa mesma condición de seres
humanos, tratan de presentárnolo lonxe das nosas preocupacións e dentro dunha
espiritualidade baleira sen enraizar nos problemas e dificultades que nos van
ocorrendo cada un dos días da nosa vida.
Un Cristo ausente! Non, ese non é o Cristo do que
Paulo lle falaba aos cristiáns de Corinto, todo o contrario. O Cristo que sendo
noso nos converte nun dos del, é o Cristo que irnos descubrindo na dor da
enfermidade, na tristura dun fracaso matrimonial, na incomprensión dun ERE que
manda a un grupo de traballadores ao paro, o Cristo que se fai compañeiro e
consolo para quen ven de perder un ser querido de xeito inexplicable, o
Cristo... que asume a nosa condición humana porque un de nós e
dos nosos.
E niso todos, con maior ou menor acerto, estamos
invitados a ir facendo carriño con pasos pequenos e corazón grande.
ORACIÓN
DA COMUNIDADE
Compartamos, desde este esforzo por ir facendo da nosa
vida berce de amor, a nosa oración comunitaria, e digamos xuntos:
QUE A COMPAIXÓN E A MISERICORDIA
NOS LEVEN AO AMOR
Para que na Igrexa nos esforcemos por entender que
amar e tamén tender pontes que unan e non condenas que separan e afastan,
Oremos.
QUE A COMPAIXÓN E A MISERICORDIA
NOS LEVEN AO AMOR
Para que nas nosas comunidades non lle deamos nunca as
costas a cantos necesitan do amor que podemos ofrecer en forma de axuda, tempo
compartido, compromiso comunitario, participación veciñal... ou calquera outra
acción que sirva para mostrar que estamos a construír comunidade desde o amor
que nos fala Xesús, Oremos.
QUE A COMPAIXÓN E A MISERICORDIA
NOS LEVEN AO AMOR
Para que nós aprendamos a descubrir que a fe non é
unha ideoloxía teórica e pechada, a modo dun libro que hai que aprender, senón
unha disposición de vida que nos leva a poñernos nas mans de Deus para loitar
por facer cada día realidade o proxecto de Xesús, un proxecto que fai presente
mirando ao futuro, Oremos.
QUE A COMPAIXÓN E A MISERICORDIA
NOS LEVEN AO AMOR
Grazas, Señor, porque pos o teu amor nos nosos
corazóns, capacitándonos para amar aos demais sen pedir nada a cambio. PXNS.
Amén.
PARA
A REFLEXIÓN
Esperar a chegada do reino total, é dicir,
ao Liberador que trae xustiza, amor e conversión
plena;
eses son os signos do reino que xa veu, segue a vir e tamén virán.
O plan de Deus, a súa vontade, é que todas as persoas
se salven,
que todas sexan liberadas, que ninguén quede escravizado.
Aceptar que o amor de Deus é universal, é para todas
as persoas.
A vontade de Deus non é capricho, teimosía ou
autoritarismo.
É o don do amor.
O plan de Deus axuda a redefinir
o noso proxecto persoal e comunitario de
liberación.
(A. Cussianovich, Liberounos)
CANTOS
ENTRADA:
Fagamos da misa
unha festa
LECTURAS:
Contade as
marabillas do Señor
OFERTORIO:
OFERTORIO:
Cantádelle ao
Señor unha cantiga
COMUÑÓN:
Señor Xesús,
bendito sexas
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario