Oración á Virxe da Luz e Roscas de San Brais

ORACION DA CANDELARIA, 
a Virxe da Luz

Por Antonio DIAZ TORTAJADA
Sacerdote-xornalista

 Foto de Paco Rodríguez en La Voz de Galicia


María, Virxe da luz:
A ti vimos coa confianza e sinxeleza de fillos.
A ti chegamos coas nosas angustias e esperanzas,
coas nosas penas e alegrías,
coas fatigas do traballo e o peso dos nosos pecados;
con todo o que somos e temos.

María, Virxe das candeas,
Ti es a primeira portadora da Luz, que é Cristo;
Ti es a nosa Nai;
Ti reúnesnos xunto a Cristo Salvador;
Ti es a nosa esperanza, consolo e gozo;
Ti acompáñasnos na cidade,
no deserto anónimo das nosas rúas,
nas nosas fábricas e obradoiros.

Ti es a nosa estrela no camiño cara ao Pai;
Ti es a pegada para atopar a Xesús.




RECEITA DAS ROSCAS 
DE SAN BRAIS: 
   
Ingredientes:
Ovos frescos: 350 grs. (7 unidades)
Azucre: 15 grs. (unha culler sopera)

Aceite: 125 grs.
Anís: 15 grs. (dúas culleres soperas)
Fariña: 500 grs.


Preparación:
Mesturar nun bol, os ovos, o azucre, o anís e o aceite. Axitar ata que estea ben homoxeneizado. Incorporar a fariña e amasar até conseguir unha textura correúdas. Tomar porcións do tamaño dunha noz e, sobre a mesa lixeiramente untada de aceite, formar tiras que uniremos polos extremos formando as rosquillas. Colocar sobre unha chapa de forno e cocer a 250ºC aproximadamente.

Ingredientes para o blanquete
Claras de ovo: 4 unidades
Azucre a 109ºC: 1 quilo (punto hebra forte)

Preparación
Bater as claras e ir incorporando o azucre no seu punto, aos poucos e sen deixar de bater, ata que se forme o merengue.

Terminación

Unha vez cocidas e frías, bañarémolas primeiro por unha banda e meterémolas no forno para que se sequen e cando estean frías báñanse polo outro lado e vólvense a meter no forno.


Comentarios

Publicacións populares