A4. Ditosos os pobres no espírito, porque deles é o Reino dos Ceos - Salmo 145
Domingo 4 de Ordinario - ciclo A
OS SANTOS DE CADA DÍA
Pai bondadoso, fonte dos
santos,
dámosche grazas,
polos santos que todos
coñecemos:
por María, a nai de
Xesús,
muller limpa e forte;
por Bieito, mestre de
cristiáns,
por Francisco de Asís,
imán das cousas e dos
pobres;
por Antonio, predicador
do Evanxeo,
por Cosme, médico de corpos
e de almas.
E tamén che damos grazas
polos santos sen nome,
que viven e sofren
connosco,
que comen o noso pan
e beben o noso viño,
que tripan as nosas
terras,
soñan os nosos soños
e bailan nas nosas
festas.
Grazas polo pai e nai
que contemplan con
tenrura
as medras do seu fillo.
Graciñas.
Grazas polo labrego,
obreiro, ou empregado,
que poñen no seu lombo
o peso da súa
existencia. Graciñas.
Grazas polos que fan
unións,
moitas veces febles,
que anuncian un mañá
mellor. Graciñas.
Grazas polos políticos
honrados
que dan do seu
para que a todos lles
chegue
o que é de todos.
Graciñas.
Grazas polo que perdoa,
e ofrece palabras de
alento, e
fai nacer rosas nas
silveiras. Graciñas.
Grazas polos esmagados,
que non poden ofrecer
mais ca un corazón
desfeito. Graciñas.
E polos pobres con
espírito. Graciñas.
E polos que coran.
Graciñas.
E polos non agresivos.
Graciñas.
E polos famentos de
xustiza. Graciñas.
E polos de corazón limpo
e brando. Graciñas.
E polos que traballan
pola paz. Graciñas.
E polos perseguidos. Graciñas.
E polos que seguen e
seguiron
o camiño do teu Fillo
nesta Terra sedenta de
mans limpas
e ollos transparentes.
Graciñas.
Comentarios
Publicar un comentario