A6. Ditosos os que proceden conforme á lei do Señor - Salmo 118

Domingo 6 de Ordinario - ciclo A


NON SE TRATA DE

Non se trata de “como morreu?, 
senón de “como viviu?.
Non se trata de “canto ganou?, 
senón de “canto deu?
Estas son as unidades para medir o valor
de todos os seres humanos, 
e non o seu nacemento.

Non se  trata de “tivo diñeiro?, 
senón de “tivo corazón?.
Tivo sempre unha palabra amable, un sorriso?
Soubo sempre enxugar unha bágoa?
Estivo ao lado do que o necesitou?

Non importa cal foi o seu templo 
nin cal foi o seu credo.
O que importa é se axudou os necesitados.
Non importan os eloxios que, ao morrer, 
lle fixo a prensa.
O que importa é cántos choraron a súa morte.





Comentarios

Publicacións populares