Ficha e Lectio - Domingo 7 de Ord A
ADAPTADO DE: http://elrincondelasmelli.blogspot.com.es/
Vídeo
(Parroquia de Barciela-Sigüeiro):
LECTIO DIVINA:
UNHA CHAMADA ESCANDALOSA
A chamada ao amor é sempre sedutora. Seguramente, moitos no acollen de doado a chamada de Xesús amar a Deus e ao próximo. Era a mellor síntese da Lei. Pero o que non podían imaxinar é que un día lles fose falar de amaren aos inimigos.
Porén, Xesús fíxoo, sen respaldo algún da tradición bíblica, distanciándose dos salmos de vinganza que alimentaban a oración do seu pobo, enfrontándose ao clima xeral de odio que se respiraba na súa contorna, proclamou con claridade absoluta a súa chamada: “Eu, en cambio, dígovos: Amade aos vosos inimigos, facede o ben aos que vos aborrecen e rezade polos que vos calumnian”.
A súa linguaxe é escandalosa e sorprendente, pero totalmente coherente coa súa experiencia de Deus. O Pai non é violento: ama ata aos seus inimigos, non busca a destrución de ninguén. A súa grandeza non consiste en vingarse senón en amar incondicionalmente a todos. Quen se senta fillo dese Deus, non introducirá no mundo odio nin a destrución de mingúen.
O amor ao inimigo non é unha ensinanza secundaria de Xesús, dirixida a persoas chamadas a unha perfección heroica. A súa chamada quere introducir na historia unha actitude nova ante o inimigo porque quere eliminar no mundo o odio e a violencia destrutora. Quen se pareza a Deus non alimentará o odio contra ninguén, buscará o ben de todos ata dos seus inimigos.
Cando Xesús fala do amor ao inimigo, non está pedindo que alimentemos en nós sentimentos de afecto, simpatía ou cariño cara a quen nos fai mal. O inimigo segue sendo alguén de quen podemos esperar dano, e dificilmente poden cambiar os sentimentos do noso corazón.
Amar ao inimigo significa, primeiro de nada, non facerlle mal, non buscar nin desexar facerlle dano. Non temos de estrañarnos se non sentimos amor algún cara a el. É natural que nos sintamos feridos ou humillados. Témonos de preocupar cando seguimos alimentando o odio e a sede de vinganza.
Pero non se trata só de non facerlle mal. Podemos dar máis pasos ata estar dispostos a facerlle o ben se o atopamos necesitado. Non esquezamos que somos máis humanos cando perdoamos do que cando nos vingamos alegrándonos da súa desgraza.
O perdón sincero ao inimigo non é fácil. Nalgunhas circunstancias á persoa pódeselle facer naquel momento practicamente imposíbel liberarse do rexeitamento, o odio ou a sede de vinganza. Non debemos xulgar a ninguén desde fóra. Só Deus nos comprende e perdoa de xeito incondicional, ata cando non somos capaces de perdoar.
José Antonio Pagola
Traduciu: Xaquín Campo Freire
VER TAMÉN:
Comentarios
Publicar un comentario