Presentación de Xesús. O Señor dos exércitos, El é o rei da gloria - Salmo 23
Presentación de Xesús - Festividade
PREGARIA
Que nos saibamos sempre acompañados por Ti,
pola túa presenza, pola túa palabra,
pola forza de vida, pola túa luz.
Que a túa Palabra,
ilumine hora a hora os nosos pasos,
nestes tempos confusos, de crise,
que tanto invitan á desesperación
e a como solucionar unicamente o noso.
Que a túa luz
ilumine as nosas vidas,
para abrilas máis ca nunca
ao pensamento e á práctica comunitaria,
descubríndonos en ti irmáns, irmás,
da mesma familia humana,
tan ampla como o mundo.
Que día a día teñamos a audacia
de realizar o que de feito xa somos:
fillos, fillas túas,
convocadas no Espírito a unha fraternidade
nova.
Que nos namoremos de Xesús de Nazaré
e da súa práctica solidaria;
quen plantou entre nós a súa tenda,
para acoller primeiramente o débil e a
marxinada.
Que nos saibamos abrir
á abundancia do seu don, da súa verdade,
para construírnos como homes e mulleres de
ben,
para facer un pobo, un país, un mundo máis
humano.
Comentarios
Publicar un comentario