DÍA DO XAXÚN VOLUNTARIO - MANS UNIDAS

Manifesto2014
Campaña LV 





É necesario un compromiso solidario mundial para que todos poidan beneficiarse dos froitos da terra 


No ano 2000, todos os países acordaron traballar xuntos para acabar coa fame antes de 2015 -a menos dun ano para que se acabe o prazo comprobamos que estamos moi lonxe de poder conseguir este obxectivo-. Hoxe,  842 millóns de persoas pasan fame. É un escándalo que non podemos consentir. Está nas nosas mans ofrecer solucións para que se cumpra este dereito fundamental para todos. 

Para acabar con esta traxedia é urxente xerar unha nova orde de relacións: entre persoas, asociacións, empresas, organismos públicos, entre países, que reflicta a fraternidade que nos une a todos. Porque o desenvolvemento dos pobos depende, sobre todo, de que aprendamos a vivir como membros da mesma familia. É necesario un compromiso solidario mundial para que todos podamos beneficiarnos dos froitos da terra.

Por iso, desde Mans Unidas, a Asociación da Igrexa católica en España para a axuda, promoción e desenvolvemento dos países do Sur, na Campaña que agora iniciamos, convocamos a todos a traballar fraternalmente por "Un mundo novo-proxecto común", porque acabar coa fame é responsabilidade de todos, e só será posible se todos traballamos como auténticos irmáns. 



Manifesto2014

Desta maneira demandamos :

1. Que todas as institucións políticas, culturais e relixiosas que busquen un diálogo fecundo capaz de analizar a fondo as causas das inxustizas, e propor as medidas necesarias para a defensa efectiva do ben común.

2. Que as empresas e entidades financeiras que desterren as relacións baseadas no logro do máximo beneficio e poñan no centro dos seus intereses o ben da persoa.

3. Que a comunidade internacional que mellore a cooperación e favoreza unha política comercial coherente coa defensa dos dereitos humanos.

4. Que os países desenvolvidos que se comprometan a aumentar a Axuda Oficial ao Desenvolvemento, aliviando a débeda externa e compartindo cos países do Sur o acceso aos mercados, e aqueles medios que garantan a defensa efectiva dos seus dereitos fundamentais.

5. Que os países en desenvolvemento que melloren a súa gobernabilidade, a trasparencia na xestión dos seus recursos e o compromiso efectivo na defensa dos dereitos fundamentais.

6. A todos os gobernos e institucións internacionais que establezan regras xustas para que os países
poidan establecer relacións mercantís seguras e non discriminatorias.

7. A todas as persoas e institucións que promovan un modelo de desenvolvemento sustentable, que salvagarde os recursos naturais, utilizándoos responsablemente e póndoos a disposición, sobre todo, dos máis necesitados; un desenvolvemento que fomente a austeridade no consumo, e deteña o consumismo compulsivo e irresponsable.

8. E, en definitiva, reclamamos a defensa dun modelo de desenvolvemento que poña no centro ás persoas, a súa inviolable dignidade, e os dereitos fundamentais que lle pertencen; e que poña en primeiro lugar aos máis pobres.


FOTO DE: http://iesolossalados.centros.educa.jcyl.es/

Co Papa Francisco, convidamos a todos a "dedicar un lugar especial, nos nosos corazóns, para esta emerxencia, que é respectar o dereito outorgado por Deus a todos de ter acceso a alimentos adecuados, a compartilo que temos, en caridade cristiá, con aqueles que teñen que facer fronte a moitos obstáculos, para satisfacer esa necesidade básica".

Ao comenzaresta nova campaña, pedímoslle a Deus que nos conceda a graza de ver un mundo en que ninguén deba morrer de fame.


"UN MUNDO NOVO, PROXECTO COMÚN"


Hoxe é día de comparti-lo pan...

Comentarios

Publicacións populares