Se tivésedes fe! - Lc 17, 5-10

Domingo 27 de Ordinario - ciclo C


SIMPLES SERVIDORES

Aquí me tés, Pai,
coma un simple servidor teu,
coma un simple servidor dos teus fillos, meus irmáns.

Non vallo moito, nin sei moito,
non podo moito, nin son moi bo,
 pero aquí me tés,
coma un simple servidor.

No que ti vexas, canta comigo;
sei que precisas de min,
como precisas de tódolos meus compañeiros;
está dito: canta comigo.

O pouco ou o moito que son
recibino de ti e recibino dos demais;
a ti e aos demais volo devolvo
convertido en servizo humilde.

En creo en ti, Pai,
creo no teu proxecto de irmandade,
creo nesa dinámica viva do servizo
na que me metiches no medio dos meus irmáns.

Aquí me tes, Pai,
coma un simple servidor teu,
desexoso de poder colaborar contigo,
desexoso de sentirme irmán dos meus irmáns
para gloria túa e ben meu e da xente. 


Comentarios

Publicacións populares