Non houbo quen volvera dar gloria a Deus senón este xentil - Lc 17, 11-14

Domingo 28 Ordinario - ciclo C


ONDE ESTÁN OS OUTROS NOVE

Cómpre que sexas agradecido.
Na comunidade
hai que ser agradecido.

Hai que agradecerlle
ao día a súa luz
e á noite as súas sombras.

Hai que agradecerlle
ao sol a súa calor
e á choiva a súa lentura.

Hai que agradecerlle
aos vellos as súas historias
e aos novos os seus soños.

Hai que agradecerlle
ao da casa a súa fidelidade
e ao de fóra o seu servizo.

Hai que agradecerlle
ao san a súa sanidade
e ao enfermo a súa resistencia.

Hai que agradecerlle
ao ledo o seu sorriso
e ao triste as súas bágoas.

Hai que agradecerlle
ao que protesta os seus berros
e ao que loita os seus esforzos.

Hai que agradecerlle
á xente o seu esforzo
e a Deus a súa graza.




Comentarios

Publicacións populares