Festividades 1 e 2 de novembro
LECTURAS:
Tódolos Santos :
http://xanostesaqui.webnode.es/lecturas-da-misa/dias-especiais/novembro/todolos-santos/
Defuntos :
http://xanostesaqui.webnode.es/lecturas-da-misa/dias-especiais/novembro/a02-11-dia-de-defuntos/
RECURSOS :
Tódolos Santos :
http://xanostesaqui.blogspot.com.es/2012/11/oracion-de-todolos-santos.html
Todos-os-santos
Tódolos Santos
Defuntos :
http://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/s/
Fieis-defuntos
Fies defuntos- Bene Pagola

A FESTA DA PLENITUDE NO ENCONTRO
GOZOSO CO PAI DA ESPERANZA – TODOS OS SANTOS 2013
A
cantos hoxe nos reunimos celebrando a festa de TOdoS os Santos, únenos a mesma
convicción: Deus, que é amor e esperanza, non nos deixa solos, senón que nos
acolle ao seu carón para invitarnos á confianza diante de toda a desconfianza
que nos rodea; para chamarnos polo noso nome fronte ao anonimato que nos ignora
e silencia; para tendernos a súa man nun momento no que o individualismo e o
interese puramente materialista se queren impor por riba da amizade, o amor e a
espiritualidade que nos leva a descubrir a Deus no encontro xeneroso cos irmáns
e na profundidade das decisións que orientan e dan sentido a nosa vida. A festa
de hoxe quere ser, logo, chamada a non deixarse arrastrar do pesimismo, para
facer agromar a esperanza daquel que sempre se achega a nós e non cansa de
dicirnos: benaventurados. Por tantos benaventurados que responderon a súa
invitación, compartimos e celebramos hoxe este momento de oración.
O PERDÓN
- Para
que aprendamos a facer da nosa vida don e entrega, fronte á intolerancia e
o egoísmo, SEÑOR, GRAZAS POR FACER
DA SANTIDADE DON E ENTREGA.
- Para
que descubramos que o amor non son palabras, senón feitos que se mostran
no escoitar, axudar e animar a quen o necesite, CRISTO, GRAZAS POR FACER DA SANTIDADE DON E ENTREGA.
- Para
que manteñamos os ollos abertos
a descubrir a túa presenza en cantos se esforzan por romper a lóxica do
egoísmo, para crecer na lóxica da preocupación e da proximidade, SEÑOR, GRAZAS POR FACER DA SANTIDADE
DON E ENTREGA.
REMUÍÑO
O libro da Apocalipse cóntanos
algo que, a pesares de que temos escoitado moitas veces, quizais non lle
teñamos prestado toda a atención que merece: Son moitos os escollidos, salvados,
agarimados que xa gozan da presenza de Deus. E se son moitos os que xa perciben
o recendo do amor de Deus, non podemos dicir que o mundo é malo, que as persoas
son todas egoístas e que a desesperanza é tanta que non hai nada que facer. Ao
contrario, se tomamos en serio a palabra proclamada, e lle prestamos atención,
descubriremos que a mensaxe que nos quere dirixir é outra. Unha mensaxe en
positivo: a bondade do amor de Deus está moito máis presente entre nós do que
cremos, por iso temos que deixar de laiarnos e de mirar só o negativo, para
comezar a construír desde o bo que percibimos ao noso redor. Unha bondade que
se nos mostra cada día nas persoas que dan o seu tempo ao servizo dos demais,
das persoas que se abren a compartir o que teñen, das persoas dispostas a facer
da vida dos outros un tempo de sorriso e paz. Esa foi a tarefa na que tanto se
implicaron homes e mulleres aos que temos coñecido, e aos que hoxe queremos
dicirlle desde esta nosa oración comunitaria: grazas polo voso exemplo, grazas polo camiño que nos abristes, grazas por mostrarnos que fronte ao noso
pesimismo hai outro xeito, outro mundo, outro corazón que crece e vive en
esperanza. A celebración de hoxe ten
que ser para todos nós unha celebración de agradecemento por todo o Reinado de
Deus que temos recibido a través da vida, polo exemplo e o testemuño das
persoas coas quer temos compartido tempo e vida, e que repousan nos “camposantos” das nosas parroquias.
E inda que os seus nomes non están nos calendarios, nin as súas festas se celebran con foguetes e música, hoxe nós miramos para as lápidas nas que están escritos os seus nomes e, cheos de agradecemento, celebramos que teñan sido as mellores testemuñas do amor de Deus, os mellores embaixadores do ilusionante e esperanzado proxecto de amor, paz e xustiza que viviu e nos invitou a vivir Xesús de Nazaret. Por iso nós hoxe, con actitude orante, co corazón latexando de lembranzas e co pensamento agradecido, reunímonos para celebrar que “por riba das nosas distancias, hai unha fe; unha esperanza que medra en nós tamén”; o que nos leva a confesar sen rutina e cheos de agarimo: porque o voso testemuño foi tan grande que estaredes sempre en nós, agardamos un día poder volver atoparnos ao lado do noso amigo Xesús, para cantar o aleluia da resurrección. Paga a pena, entón, non deixarse vencer, na loita de cada día, polas dificultades, atrancos e desilusións que nos vaian chegando –sabendo que moitas veces son duras e difíciles de entender– para seguir abrindo camiños e fendas que nos acheguen a Deus, e lles posibiliten aos irmáns unha vida máis digna e xusta.

ORACIÓN DA COMUNIDADE
Deus, que é amor e acollida, invítanos neste
momento a compartir a oración comunitaria dicindo xuntos:
GRAZAS POLO
TESTEMUÑO DE AMOR DAS PERSOAS SINXELAS
Para que en toda a Igrexa
saibamos ser agradecidos e valoremos os exemplos de entrega xenerosa de tantas
persoas que hoxe, na súa festa, a festa dos santos sen calendario, ven
recoñecido o seu traballo e o seu esforzo en favor das persoas e da súa
dignidade, OREMOS.
GRAZAS POLO TESTEMUÑO DE AMOR DAS PERSOAS
SINXELAS
Para que nas nosas
comunidades non desalentemos nunca, e nos esforcemos por levar tempo e
capacidade de escoita a cantos, neste momento tan difícil, senten a necesidade
de persoas que os escoiten, OREMOS.
GRAZAS POLO TESTEMUÑO DE AMOR DAS PERSOAS SINXELAS
Para que cada un/ha de
nós, saibamos valorar que só poderemos descubrir o que son a felicidade e a
alegría, se somos capaces de por o noso tempo ao servizo de quen puidera
necesitalo, como fixeron tantos homes e mulleres aos que hoxe queremos honrar
nesta festa de Tódolos Santos, OREMOS.
GRAZAS POLO TESTEMUÑO DE AMOR DAS PERSOAS SINXELAS
Grazas, Señor, por ofrecernos a alegría da esperanza e da vida
entregada ao servizo da felicidade dos outros. P.X.N.S. Amén.
PARA A REFLEXIÓN
Señor, axúdame a ser Santo:
Santo sen premio.
Santo para non ofenderte. Santo para servir mellor aos demais.
Santo para non ofenderte. Santo para servir mellor aos demais.
Señor, neste día,
que recordamos e celebramos
a memoria de Todos os Santos,
axúdame a acercarme máis a Ti.
axúdame a acercarme máis a Ti.
Que o Espírito me conceda os dons necesarios
para ser mellor.
Non porque eu mereza algo,
senón para que a miña loanza chegue a Ti, máis plena.
senón para que a miña loanza chegue a Ti, máis plena.
Señor, perdóame,
polas miñas infidelidades e abandonos,
por todo o que podía ter feito e non fixen,
por todo o que podía ter servido e non servín,
por todo o que teño desaproveitado.
por todo o que podía ter feito e non fixen,
por todo o que podía ter servido e non servín,
por todo o que teño desaproveitado.
Dáme
a túa bendición para que o resto da miña vida,
che sexa fiel e caritativo,
luz túa e servidor de todos,
segundo Ti me pidas en cada momento.
luz túa e servidor de todos,
segundo Ti me pidas en cada momento.
Grazas, Señor, pola túa misericordia comigo.
CANTOS
ENTRADA:
Benaventurados
Benaventurados
LECTURAS:
Por riba das nosas distancias
Camiñarei na presenza do Señor
OFERTORIO:
Se o Señor resucitou
COMUÑÓN:
Pan do ceo
Por riba das nosas distancias
Camiñarei na presenza do Señor
OFERTORIO:
Se o Señor resucitou
COMUÑÓN:
Pan do ceo
Tódolos Santos :
http://xanostesaqui.blogspot.com.es/2012/11/oracion-de-todolos-santos.html
Todos-os-santos
Tódolos Santos
Defuntos :
http://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/s/
Fieis-defuntos
Fies defuntos- Bene Pagola
Comentarios
Publicar un comentario