VIA LUCIS, fichas para a catequese - Somos os primeiros !!!

Somos os primeiros en completar o Via Lucis para nenos, gracias ás nosas amigas de  http://elrincondelasmelli.blogspot.com.es/  (fillas de galegos, xa vedes que pequeno é o mundo). Esta tradición comeza a extenderse rapidamente a nivel popular; penso que é unha oportunidade extraordinaria para que os nenos coñezan o tempo pascual máis a fondo. Eu tiña a impresión de que, despois da Semana Santa, parece que baixa a intensidade da liturxia cando tiña que ser ó contrario, -os cristiáns somos testemuña de CRISTO RESUCITADO-, pero, como dixo Margarita (unha das autoras dos debuxos), nós, coma os apóstolos, tamén quedamos perdidos e desorientados despois da morte de Xesús, por iso paréceme unha grande oportunidade o VIA LUCIS. 

Hai uns días pedíralles estes debuxos porque non hai ningún debuxante que teña a serie completa para nenos e ... aquí o tedes !! Estou encantada de ter unha primicia do "mundo mundial" e que sexa en galego (elas inda non puideron publicalo por problemas co photoshop)

Disfrutádeo !!


  I . XESÚS RESUCITADO CONQUISTA A VIDA ETERNA



II. XESÚS APARECE ANTE MARÍA MAGDALENA


III. XESÚS PRESÉNTASE DIANTE DAS MULLERES



IV. OS SOLDADOS CUSTODIAN O SEPULCRO BALEIRO



V.  PEDRO E XOÁN VISITAN O TÚMULO BALEIRO



VI. XESÚS AMOSA AS CHAGAS ÓS APÓSTOLOS



VII. XESÚS APARECE NO CAMIÑO DE EMAÚS



VIII. XESÚS DALLES O PODER DE PERDOA-LOS PECADOS



IX. XESÚS FORTALECE A FE DE TOMÉ



X. XESUS, RESUCITADO, NO LAGO TIBERÍADES



XI. XESÚS CONFIRMA A PEDRO NO AMOR



XII. XESÚS ENCÁRGALLES ÓS APÓSTOLOS A EVANXELIZACIÓN



XIII. XESÚS ASCENDE AOS CEOS



XIV. O ESPÍRITO CHEGA O DÍA DE PENTECOSTE




VIA LUCIS COMPLETO :


VIA LUCIS PARA COMPLETAR:




Comentarios

Publicacións populares