Pasamento de D.José Cerviño


Achegádevos a min tódolos que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei. Cargade co meu xugo e aprendede de min, que son bo e humilde de corazón e atoparedes acougo para as vosas almas; porque o meu xugo é levadeiro e a miña carga leviá. Mt 11,28-30


Benquerido irmán: 

Moito botaremos en falta o teu sorriso, a túa amabilidade con todos, a cercanía e a humildade que sempre amosaches con todos nós, nenos e grandes, homes e mulleres, relixiosos e laicos, xoves e anciáns... todos, todos sentiamos que eras parte da nosa historia, da nosa familia. Alegrámonos en Xesús porque descansas e estás con El, como elixiches en vida, como esperabas na túa nova vida. Despedímoste como sempre nos dicías: adeus irmán, benquerido irmán

Comentarios

Publicacións populares