16 DE ABRIL - XORNADA INTERNACIONAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL

        O 16 de abril de 1995 morría asasinado Iqbal Masih, un neno escravo paquistaní. A súa vida foi un testemuño de loita pola liberación doutros nenos escravos. Ese testemuño é desde entón referente para miles de persoas de boa vontade na súa loita contra a escravitude infantil. O Movemento Cultural Cristián lanzou a campaña internacional contra as causas da escravitude infantil, propondo a toda a opinión pública que o 16 de abril sexa considerado Día Mundial contra a escravitude infantil.

            Morreu de verdade Iqbal Masih? Non. Vive en tantos nenos e nenas que hoxe, no século XXI, están condenados nesa mesma experiencia. A escravitude existe e segue movendo13.000millóns de euros ao ano.

Onde a atopamos

            Nas últimas décadas as mafias de traficantes e contrabandistas introduciron a unhas 35.000 persoas ao ano en Europa occidental a través de Trieste (Italia). A miles de quilómetros de Europa, outros grupos de inmigrantes foxen de América Central cara ao “norte”, cara aos EE.UU. Entre eles un colectivo de grandes dimensións é a infancia.

* Na India e Afganistán, nenos e nenas traballan na industria do ladrillo cargando con pesadas cantidades destes mentres os homes alimentan o lume. Os donos dos fornos recrutan aos nenos entre as familias humildes, ás que prestan diñeiro para a asistencia médica ou a celebración dun funeral. Os intereses desorbitados dos préstamos perpetúan a débeda, que pasa de pais a fillos.

* Brasil, onde os escravos fan o carbón usado na fabricación de aceiro para automóbiles e outras pezas de maquinaria.

* En Myanmar (Birmania), cultivan cana de azucre e outros produtos agrícolas.

* En China, os nenos escravos preparan explosivos e fogos de artificio utilizados na pirotecnia.

* En Serra Leoa, fornécese de escravos para extraer os diamantes das minas.


* Na República Democrática do Congo, moitos nenos son escravizados e explotados na extracción da casiterita e coltán, elementos usados e indispensables para os PC, mp3, teléfonos móbiles e un sen fin de instrumentos que a cotío usamos os/as que habitamos no chamado “primeiro mundo”.

* En Benin e Exipto, os escravos producen algodón. Calcúlase que un millón de nenos son forzados a traballar no sector algodoeiro porque son máis baratos e obedientes que os adultos e teñen a estatura idónea para inspeccionar as plantas de algodón.

* En Costa do Marfil, uns 12.000 nenos recollen as sementes do cacao que se exportan para a elaboración do chocolate.

...122 produtos feitos con traballo forzoso e infantil en 58 países de todo o planeta, desde Arxentina a Uzbekistán.

En España?
            Indirectamente esta escravitude entra a formar parte da nosa vida de cada día. De feito, pode ser que os plátanos que comemos e o café que gustamos estean empapados da suor de moitos nenos e nenas latinoamericanos/as ou africanos/as. Pode ser que as alfombras que pisamos estean tecidas por escravos adultos ou nenos paquistanís; cortinas, camisas, xoias e outros manufacturados poderían ser froito do traballo oculto e forzado de menores da India; balóns e xoguetes dos nosos nenos poderían gotear sangue de tantos menores asiáticos e caribeños.

            As escravitudes cambiaron. evolucionaron as formas de violencia, de constrición, de transporte, de rescate, de compra, de explotación e de venda das vítimas. Actualmente esta moi unida ao comercio de seres humanos, mulleres e nenos, o que se chama a “trata de persoas”.



A “Convención sobre os Dereitos do Neno” cuxo texto foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1989 e, ratificada por 193 países, recolle os dereitos económicos, sociais, culturais, civís e políticos de todos os nenos. A escravitude é a negación dos dereitos humanos fundamentais e condena  millóns de menores a:
§         Vivir sen recursos elementais como o dereito á vida digna: alimento, sanidade, educación.
§         Experimentar as consecuencias das guerras, carestías e persecucións existentes nos países de orixe.
§         Ser explotados no campo do traballo.
§         Sufrir abusos sexuais, tráfico de órganos.
§         Ser nenos soldados.

A escravitude converteuse nun gran negocio mundial


Desde a Palabra de Deus

            Deus, que decidiu liberar a Israel da súa escravitude en Exipto (Ex 3, 7-10 , 6,6), non tolera a explotación de persoas indefensas. O Deus de Israel identifícase cos pobres, orfos e viúvas, cos que eran vítimas fáciles de explotación (Ex 22, 20 e 23,9, Deut 10,19). Está nas entrañas de Deus responder ao berro dos oprimidos e oporse aos poderosos que explotan aos débiles (1 Sam 10,18; Sae 146, 7-8, Prol 14).

            Xesús recoñeceu que a súa propia misión era “levar a Boa Nova aos pobres, proclamar a liberdade aos cativos, dar liberdade aos oprimidos”? (Lc 4,18).

Mirada profética

“Queremos escoitar a voz de Deus no laio dos millóns de nenos e nenas que se debaten entre a vida e a morte e nos gritos da súa humanidade aldraxada. E aí, permanecer en pé coa sensibilidade ben aberta, sostendo o tirón de buscar con outros e outras como facer histórico o soño de Deus sobre esta parte fráxil da humanidade compartindo xuntos compaixón e indignación, contemplación e esforzo,  escoitando as ansias profundas da humanidade de que outro mundo é posible, recoñecendo que ese é o anhelo mesmo de Deus, porque Deus é o Deus do mundo e nada do humano lle é alleo”.
(Pilar Wirtz e Mª José Torres, “Que vida relixiosa para outro mundo posible”, Revista Confer nº 174, vol. 45, 2006).


           Aínda resoa en nós a pregunta que se facían as mulleres mentres se dirixían ao sepulcro onde enterraran o corpo de Xesús: “Como poderemos mover unha pedra tan pesada?” (Mc16,3). Esa pedra que impide a solidariedade, a xustiza que imposibilita o dereito a unha vida digna, o dereito á educación, ao xogo, a gozar dos afectos familiares, o dereito á saúde e a todos os dereitos da Infancia que se escriben nas lexislacións internacionais.

            Non hai que escatimar ningún esforzo para instar, ás autoridades civís as súas responsabilidades, para combater estas inxustizas e brindar a todos os nenos e nenas a protección legal que merecen por xustiza.

            “Crer no Resucitado é rebelarnos con todas as nosas forzas a que esa inmensa maioría de homes, mulleres e nenos, que só coñeceron nesta vida miseria, humillación e sufrimentos, queden esquecidos para sempre?. (José Antonio Pagola). 


TOMADO DE : Confer (Justicia y Solidaridad)


POWER POINT: Escravitude infantil

Comentarios

Publicacións populares