O bo pastor dá a súa vida polas ovellas - Xn 10, 11-18

Domingo 4 Pascua - ciclo B


DAR A VIDA

Cada día dás a túa vida
mainamente, fortemente, teimudamente.
Como as terras que tripas,
que cada ano renovan o seu vigor
para ofrecer froitos,
por moito que o temporal as azoute.  

Como as árbores que ves, 
que medran e engordan 
para que outros logo
se quenten coa súa calor,    
se garden no seu abrigo,
e gocen coa súa fermosura.

Cada día dás a túa vida
polos compañeiros e veciños,
pola xente que está ao teu redor.
Non dás a vida
por un partido, por un sindicato,
por unha empresa, por unha igrexa.

O que importa é  a xente, só a xente,
cada persoa, unha por unha,
e todos xuntos facendo pobo.
Cada día dás a vida,
coa absoluta obediencia dun mandado,
coa absoluta liberdade do amor. 


Comentarios

Publicacións populares