Misas ciclo B - 4º Domingo de Pascua
Primeira
Lectura Feit 4, 8-12
LECTURA DO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS
En
ningún outro hai salvación
Naqueles días, Pedro, cheo do
Espírito Santo, díxolles:
‑ Xefes do pobo e anciáns, xa que
nos demandades polo favor feito a un enfermo e sobre o xeito como se curou,
sabede todos vós e sáibao o pobo de Israel que é no nome de Xesús Cristo de
Nazaret, a quen vós crucificastes e Deus resucitou de entre os mortos: por El
está este home en pé e san diante de vós.
El é a pedra que refugastes vós, os
construtores, e que se converteu en pedra esquinal. En ningún outro hai
salvación, porque non hai ningún outro nome baixo do ceo, dado aos homes, no
que nos poidamos salvar.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO RESPONSORIAL Sal 117, 1 e 8-9. 21-23. 26 e 28cd e 29
R/. (22): A
pedra que os canteiros desbotaran,
esa
mesma converteuse en esquinal.
Ou: Aleluia.
Loade o
Señor porque é bo,
porque é
para sempre a súa misericordia.
Máis vale
abeirarse no Señor
que fiarse
dos homes.
Máis vale
abeirarse no Señor
que fiarse
dos grandes.
Douche grazas porque me escoitaches,
por teres
sido a miña salvación.
A pedra que
os canteiros desbotaron,
esa mesma,
converteuse en esquinal.
Foi o Señor
quen o fixo,
unha marabilla
á nosa vista.
Bendito o
que vén no nome do Señor:
desde a casa
do Señor bendicímosvos.
Ti es o meu
Deus, veño darche grazas;
meu Deus,
veño enxalzarte.
Loade o
Señor, porque é bo,
porque é
para sempre a súa misericordia.
Segunda
Lectura 1 Xn 3, 1-2
LECTURA DA PRIMEIRA CARTA DO APÓSTOLO SAN XOÁN
Veremos
a Deus tal como é
Meus amigos:
Vede o moito que nos quixo o Pai,
para nos chamarmos fillos de Deus e sérmolo de verdade.
Por iso o mundo non nos recoñece:
porque tampouco non o recoñeceu a El.
Meus amigos, xa somos fillos de
Deus, pero aínda non está á vista o que seremos; sabemos que cando Xesús
apareza, nós seremos coma el, xa que o veremos tal e como é.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Xn 10, 14
Se
non se canta, pódese omitir.
Aleluia,
aleluia.
Eu son o bo
pastor, di o Señor;
coñezo as
miñas ovellas e elas coñécenme a min.
Aleluia.
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
O
bo pastor dá a súa vida polas ovellas
Naquel tempo, díxolles Xesús aos
fariseos:
- Eu son o Bo Pastor. O Bo Pastor dá
a súa vida polas ovellas.
O criado, que non é pastor, de quen
non son as ovellas, cando ve vir o lobo, deixa as ovellas e foxe e o lobo
rapínaas e dispérsaas; porque el anda ao xornal e as ovellas non lle importan.
Eu son o Bo Pastor: coñezo as miñas
e as miñas coñécenme a min. Igual que o Pai me coñece a min e eu coñezo o Pai,
e dou a miña vida polas ovellas. Teño ademais outras ovellas que non son deste
curro: tamén a esas téñoas que guiar, e escoitarán a miña voz e farase un único
rabaño e un único pastor.
Por iso ámame o Pai: porque eu dou a
miña vida, para tomala de novo. Ninguén ma quita; non, eu douna
voluntariamente. Teño poder para dala e teño poder para tomala de novo. Este
mandato recibino do meu Pai.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
PASTORES TESTEMUÑAS DA ESPERANZA E DE
ACOLLIDA FRATERNA
PÓRTICO
Que mellor Pastor que
Cristo para converterse en referencia moral de compromiso, fidelidade,
confianza, acollida e dispoñibilidade para cantos seguen a presidir as comunidades
cristiás!. Neste domingo do Bo Pastor, a nosa mirada non vai só dirixida a
Cristo, senón que desde El, esa mirada pousase sobre os pastores que presiden
as nosas comunidades. E pousase non só para que os encomendemos e colaboremos
con eles, que tamén; senón para axudalos a que o seu ministerio sexa un
ministerio no que se vaian desenvolvendo as actitudes e promovendo os valores
que Xesús foi capaz de ir poñendo en práctica no seu tempo de vida pública. E
se para Xesús o importante non era atrincheirarse nin tras das paredes do
templo nin tras dun actuar de ordeno e mando, un actuar de imposición e
mercantilismo económico, tamén hoxe para os nosos pastores, ha ser o compromiso
por poñer en valor canto fixo e dixo Xesús, o eixo fundamental do seu ministerio.
Para poder acadalo necesitan da nosa oración e da nosa axudan. Non lla
neguemos!.
PERDÓN
- Por non ter querido acompañar aos nosos pastores
para facer do seu ministerio expresión do actuar de Xesús, SEÑOR, PERDOA A NOSA FALTA DE
MOTIVACIÓN.
- Porque poucas veces temos caído na conta de que os
nosos pastores serán bos ou malos en función da nosa disposición a non
deixalos solos e a axudalos no seu traballo pastoral, CRISTO,PERDOA A NOSA FALTA DE MOTIVACIÓN.
- Porque temos criticado moito, e con razón, aos nosos
pastores, pero non temos posto nin as mesmas gañas nin o mesmo tempo para
ofrecerlles a nosa man, SEÑOR,
PERDOA A NOSA FALTA DE MOTIVACIÓN.
REMUÍÑO



ORACIÓN da COMUNIDADE
Rezamos en comunidade no día do Bo Pastor, e dicimos xuntos:
QUE OS NOSOS PASTORES SIGAN AS TÚAS PEGADAS, SEÑOR.
* Para que na
Igrexa xurdan pastores que teñan como horizonte do seu traballo pastoral non a
norma nin a imposición, senón o acompañamento que educa e forma na
responsabilidade, OREMOS.
QUE OS NOSOS PASTORES SIGAN AS TÚAS PEGADAS, SEÑOR.
* Para que nas
nosas comunidades non esquezamos nunca encomendar na oración aos que nelas
traballan por facer presente a Cristo, e colaboremos con eles de xeito ledo e
gozoso, OREMOS.
QUE OS NOSOS PASTORES SIGAN AS TÚAS PEGADAS, SEÑOR.
* Por nós, para
que non deixemos nunca de axudar coa nosa participación, a nosa
responsabilidade e a nosa crítica construtiva, aos nosos pastores, porque só
quen é capaz de amar e comprometerse pode corrixir, Oremos
QUE OS NOSOS PASTORES SIGAN AS TÚAS PEGADAS, SEÑOR.
Grazas Señor por darnos a oportunidade de rezar e acompañar aos noso
pastores. P.X.N.S. Amén.
REFLEXIÓN
RESURRECCIÓN É TERTE PRETO
A soidade, o
medo ou o cansazo chegan cando queren e como queren. Chegan sen preguntar.
Unhas veces a modiño, paseniñamente, como a porta que se abre lentamente para
que tamén a modiño se vaia metendo o frío do desánimo polo corpo. Outras veces
chegan de golpe, como elefantes nunha cacharreira e tómbanme, fúndenme. Ata aí cheguei.
Por iso é tan
importante terte preto. Poder falar, compartir, chorar, mirar e sentirte a
carón. Porque nos escoitas cunha paciencia incrible. Nunca te escusas para
responder; sempre tes tempo, nunca tes presa. Antes lías aquelas tristeiras
cartas; agora skype, o móbil ou o “mail” poñen en directo o que ás veces
son historias repetidas, os problemas de sempre, inda que eu me esforce porque
soen novos. Pero o mellor son os cafés. Un paseo e un café, o máis parecido a
un anaquiño de ceo, aquí na terra.
A amizade é o
sacramento de Xesús resucitado. A amizade mergúllanos nunha realidade máis
profunda, máis densa e máis santa. Non é xa a miña limitada, estreita, é a vida
compartida. A amizade énchenos dunha luz que non cega, transparenta. Xa non máis
escuridade, senón verdade e confianza. A amizade rompe o gran maleficio, nunca
máis solo. Grazas por estar preto.
José Ignacio García Jiménez s.j.
CANTOS
· ENTRADA: Bendito ti, Xesús resucitado
· LECTURAS: O Señor é o meu Pastor
· OFERTORIO: Xurdirá
· COMUÑÓN: Grazas, Señor
POWER POINTS
Comentarios
Publicar un comentario