O CANTO DO XÍLGARO
O CANTO
DO XÍLGARO. Lenda guaraní.
Un indio ouviu na selva o canto dun xílgaro.
Nunca ouvira unha melodía igual. Quedou namorado da súa belezae saíu na procura
do paxaro cantor. Atopou a un gorrión e preguntoulle: Es ti o que canta tan ben?. O gorrión contestou: Claro que si. O índio pediulle que
cantase e o gorrión cantou, e o indio marchouse. Non era ese o canto que
ouvira.
O indio seguiu buscando. Preguntou a unha
perdiz, a un papagaio, a unha águia, a un pavo real. Todos lle dixeron que si,
que eran eles, pero non era a súa voz o que el ouvira. E seguiu buscando. Nos seus
oídos resoaba aquel canto único, distinto, ensoñador, e non podía confundirse
con ningún outro. Seguiu buscando, e un día de lonxe volveu escoitar a melodía
que escoitara unha vez e que desde entón levaba na alma.
Parouse silencioso. Sentiu a dirección e
mediu a distancia coa súa sentidos alerta. Achegouse sigiloso como un indio sabe andar na selva sen
que os seus pés decátense. E alí viuno. Non necesitou preguntarlle. Sóuboo desde a
primeira nota, saciou a súa mirada coa silueta do paxaro cantor, e volveu feliz á súa aldea. Xa
sabía cal era o paxaro dos seus soños.
A voz do Espírito é inconfundible na alma.
Quedounos gravada desde que o noso corpo foi
corpo e a nosa alma foi alma. E imos
polo mundo preguntando ignorantes: Es ti?.
Mentres preguntamos non sabemos.
Cando se ouve, xa non se pregunta. Deus revélase en por si, e sabemos que está
aí con fe inconfundible.
Que non se nos borre nunca o canto do xílgaro.
Carlos G. Vallés
Comentarios
Publicar un comentario