NOVOS AMIGOS

Onte engadíronse ó noso blogue dous novos amigos dos que vos teño que falar polo seu estupendo traballo que xa veño seguindo desde hai un tempo.


    Óscar Valado ten un blogue de música, teoloxía e liturxia,  http://elcientoporuno.blogspot.com.es/ , que coñecín case desde o comenzo a través da páxina web de Pastoral de Santiago. Recoméndoos os comentarios sobre música e liturxia, pois son claros, profundos e con coñecemento (o que sabe,... sabe). Envioume tamén algúnha composición súa en galego, xa que é de Vigo e está agora en Santiago, e tamén o disco que publicou en colaboración cos Seminario de Santiago. Déixovos con toda a información:
http://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/k/ti-es-fonte-da-vida/
http://nosanaicinhadoceo.webnode.es/musica-galega/varios/unidos-pola-fe/




    O segundo amigo chega do outro lado do Atlántico. Un dos meus blogues favoritos pola calidade dos debuxos para nenos é  http://dibujosparacatequesis.blogspot.com.es/ 
Teño debilidade polos seus debuxos e iso que tamén empezaron hai pouco, xa me diredes vós se estou errada ou vos unides a min...



Estade ben atentos porque estou esperando o seu último traballo para pasárvolo: o Via Lucis




Comentarios

Publicacións populares