26 abr. 2012

PARA A CATEQUESE: SOBRE O TEMPO PASCUAL II


O Octavario Pascual
Na Vixilia Pascual, aos novos cristiáns que recibían a auga do Bautismo impúñaselles un vestido branco (alba), que levarían posto durante oito días, até o domingo seguinte. Durante este oito días os responsables ofrecían catequese especial aos novos cristiáns; eran sesións de catequeses para introducilos plenamente na comunidade cristiá. O oitavo día desvestíaselles e así xurdiu o Octavario Pascual: prolongación do Domingo de Pascua durante oito días.


A Cincuentena:  a Festa de Sete Semanas
Diferentes escritores cristiáns do século III e IV fálannos da «Cincuentena».
A Igrexa prolonga durante cincuenta días o Tempo Pascual, celebrando o acontecemento da resurrección de Xesucristo durante sete domingos -ou máis exactamente, celebrando sete veces o Domingo de Pascua-. Ao longo do sete domingos e as súas semanas correspondentes a Igrexa contempla o misterio de Cristo á luz da Pascua, reflexionando e lembrando os distintos aspectos que este gran misterio, centro da fe cristiá, ten.

O oitavo domingo celebra a solemnidade de Pentecoste, a chegada do Espírito Santo e con iso remata a Cincuentena Pascual.

No hay comentarios:

Publicar un comentario