A pedra que os canteiros desbotaran, esa mesma converteuse en esquinal - Salmo 117
Domingo 4 Pascua - ciclo B
PREGARIA: GRAZAS POR
XESÚS
Dámosche grazas, Pai,
por Xesús, 
que foi para todos nós
bo Pastor 
que deu a súa vida por
todos nós 
dunha maneira simple e
verdadeira. 
Dámosche grazas tamén 
porque non fuxiu cando
veu o lobo,
cando veu o cacique
prepotente, 
porque el nos amaba, 
e non andaba ó carta e ó
proveito propio.         
Dámosche grazas, Pai,
por Xesús
porque nos coñece a fondo,
porque nos coñece a fondo,
un a un e todos xuntos
coma irmáns, 
e porque nos abriu as
portas do seu corazón 
e da súa vida para que
entremos alí 
a gozar do amor vigoroso
de Deus mesmo. 
Dámosche grazas, Pai, 
pola liberdade de Xesús,
pola liberdade de Xesús,
pola súa capacidade fonda
de dar a vida polo pobo,
polo seu amor e a súa
loita entrañable. 


Comentarios
Publicar un comentario