Parabéns no Día de S.Valentín



CONVÉN RECORDALO TÓDOLOS DÍAS...

Cando era neno, ocasionalmente a miña nai como cea dábanos café con leite con moitos agregados.

Recordo especialmente unha noite, cando ela nos serviu café con leite, logo dun día de traballo moi duro.

Esa noite, a miña nai púxolle un prato con ovos revoltos, friame e torradas bastantes queimadas fronte ao meu pai. Recordo esperar un pouco, para ver se papá notaba ese feito. Todo o que o meu pai fixo, foi tomar a súa torrada, sorrir á miña nai e preguntarme como fora o meu día na escola. Non recordo o que lle respondín, pero recordo telo mirado, untando a torrada con manteiga e xelea e comendo cada bocado.

Cando me levantei da mesa, aquela noite, escoitei a mamá desculpándose por queimar as torradas. Nunca me esquecín da resposta de papá: "Encantoume a torrada queimada".


Mais tarde, aquela noite, cando lle fun a dar un bico de boas noites a papá, pregunteille se realmente lle gustou aquela torrada.

El, tomoume nos seus brazos, e díxome:

“Compañeiro, a túa nai tivo un día de traballo moi pesado e estaba realmente cansa... Ademais diso, unha torrada queimada non lle fai mal a ninguén.

A vida está chea de imperfección e as persoas non son perfectas. Tampouco son o mellor marido, o mellor empregado ou cociñeiro, talvez nin sequera o mellor pai, aínda que intente selo todos os días.

Aprendín a través dos anos, que saber aceptar as fallas alleas, intentando minimizar as diferenzas entre uns e outros, é unha das chaves máis importantes para crear relacións saudables e duradeiras. Desde que a túa nai e mais eu nos unimos, aprendemos os dous a suplir un as fallas do outro.

Eu sei cociñar moi pouco, pero aprendín a deixar a pota de aluminio relucente. Ela non sabe usar a perforadora, pero logo dos meus arranxos, ela fai que todo quede limpo e perfumado. Eu non sei facer unha lasaña como ela o fai, pero ela non sabe asar unha carne como eu o fago. Eu nunca souben facerte durmir, pero comigo ti tomas un baño rápido e sen reclamar

A suma de nós crea o mundo que te recibiu e te apoia, ela e mais eu complementámonos. A nosa familia debe aproveitar este noso universo mentres esteamos os dous presentes. Non é verdade que mais tarde, o día que un dos dous parta, este mundo se vaia derrubarse, de ningún xeito. Novamente teremos que aprender a adaptarnos para facer o mellor.

De feito, poderiamos estender esta lección para calquera tipo de relación, entre marido e muller, entre pai e fillos, entre irmáns, entre colegas, con amigos e tamén no ambiente profesional. Entón fillo, esfórzate para ser sempre tolerante, principalmente con quen dedica o seu precioso tempo de vida a ti e ao próximo”.

...

As persoas esqueceranse do que lle fagas, ou do que lle digas. Pero nunca se esquecerán do modo no cal as fixeches sentir.

Autor descoñecido

POWER POINT : O home e a muller

Comentarios

Publicacións populares