11 feb. 2012

Estendeu a man... e quedou limpo - Mc 1, 40-45

Domingo 6 tpo. ordinario - ciclo B


PON AS TÚAS MANS, XESÚS

Pon as túas mans sobre min, Xesús,
as túas mans humanas, curtidas.
Comunícame a túa forza e a túa enerxía,
o teu anhelo e a túa tenrura,
a túa capacidade de servizo e de entrega.


Líbrame do medo e da tristura,
da mediocridade e da preguiza.
Pon as túas mans sobre as miñas, Xesús,
aínda que se resistan,
ata que saiban dar e gastarse
e facerse reflexo claro das túas.


Déixame poñer as miñas mans nas túas
e sentir que somos irmáns,
con feridas e chagas vivas
mans libres, fortes e tenras,
mans que abrazan e curan.


No hay comentarios:

Publicar un comentario