17 feb. 2012

DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER - 18 Febreiro

A síndrome de Asperger é un trastorno severo do desenvolvemento, que leva unha alteración neurobiolóxicamente determinada  no procesamiento da  información.  A persoa que o presenta ten un aspecto e intelixencia normal ou mesmo superior á media, presenta un estilo cognitivo particular  e  frecuentemente,  habilidades especiais en áreas restrinxidas.


A síndrome de Asperger maniféstase de diferente forma en cada individuo pero todos teñen en común as dificultades para a interacción social, especialmente con persoas da súa mesma  idade,  alteracións dos patróns de comunicación non-verbal,  intereses restrinxidos , inflexibilidad cognitiva e comportamental,  dificultades para a abstracción de conceptos,  coherencia central débil en beneficio do procesamiento dos detalles, interpretación literal da linguaxe,  dificultades nas funcións executivas e de planificación,  a interpretación dos sentimentos e emocións alleos  e propios.


Supón unha discapacidade para entender o mundo do social, que se manifesta ao nivel de comportamentos sociais inadecuados proporcionándolles a eles e os seus familiares problemas en todos os ámbitos.  Os déficits sociais están presentes nos aspectos  da linguaxe,  as dificultades no ritmo da conversacion e  é frecuente a alteración da prosodia (entonación, volume, timbre de voz, etc) Así mesmo adoitan estalo  os patróns de contacto ocular,  gestual, etc.   Na mayoria dos casos dificultades na coordinación motora


É un trastorno moi frecuente (de 3  a 7 por cada 1.000 nados vivos) que parece ter maior incidencia en nenos que nenas. Recentemente recoñecido pola comunidade científica,  como entidade diferenciada do autismo, é aínda pouco coñecido entre a poboación xeral e mesmo por moitos profesionais.


Con todo cariño... para o meu fillo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario