Catequese Comuñón VIII

CATEQUESE DA MISA (VIII)
Os RITOS DA COMUÑÓN (III)

COMUÑÓN:


-Durante a comuñón e mostración da sagrada forma estamos de pé, non hai que axeonllarse.


-Á mostración do pan consagrado, os fieis responden cun humilde recoñecemento e invocación, que repite adaptada a frase do centurión no evanxeo: "Señor, eu non son digno...".


-Para recibir correctamente a comuñón debemos ter en conta o seguinte: Faise de pé. (Non se debe facer xenuflexión antes). Pódese comulgar na man ou na boca. Se se fai na man, débese colocar a man dereita debaixo da esquerda, e cando se depositou a forma, comulgar coa dereita. Se se fai inclinación (non está prescrita no Misal), debe facerse antes de achegarse ao sacerdote, non mentres a mostración da hostia.


-O máis importante é mirar á sagrada forma e responder á mostración do sacerdote, que di "O Corpo de Cristo", cun AMÉN, resposta de fe, non cun aceno nos beizos ou sen dicir nada.



Comentarios

Publicacións populares