CAMPAÑA CONTRA A FAME LIII - DÍA DO XAXÚN VOLUNTARIO
Venres 10 de febreiro: Día do Xaxún Voluntario
Domingo 12 de febreiro: Xornada Nacional de Mans Unidas
MANIFIESTO 2012
Mans Unidas, ONG para o desenvolvemento da Igrexa católica, que desde hai 52 anos loita contra a fame e a pobreza no mundo e polo desenvolvemento dos pobos empobrecidos, inicia a gora a súa Campaña LIII co lema : “A saúde dereito de todos. Actúa!" O desenvolvemento e a súade están estreitamente vinculados, razón pola que Mans unidas aborda este ano o problema das enfermidades comprendidas no ODM 6 : “Combater o VIH/Sida, a malaria e outras enfermidades”.
DENUNCIAMOS:
- Que o aumento dos casos de malaria, sida e tuberculose en países en desenvolvemento se debe, non só á crise económica, senóna unha crise de valores que provoca a falta de solidariedade, condicións de vida precarias, o colapso dos sistemas sanitarios, o deterioro medioambiental, o aumento dos refuxiados por causa dos conflitos armados, etc.
- Que o dereito á saúde se fai dependendo da capacidade adquisitiva dos enfermos, por iso, as chamadas enfermidades esquecidas son especialmente virulentas entre os máis pobres.
- Que no ano 2009, había 33´3 millóns de persoas infectadas polo VIH/SIDA, das que 22´6millóns vivían na África subsahariana.
- Que o número de mulleres infectadas polo VIH/SIDA triplica ó dos homes, porque son máis vulnerables e están máis desprotexidas.
- Que o 97% das mortes por enfermidades infecciosas, 15 millóns de persoas, cada ano, ten lugar nos países en desenvolvemento.
- Que a enfermidade se converteu nun negocio millonario que provoca que a investigación se centre nas enfermidades dos países ricos.
MANIFESTAMOS QUE:
- O dereito á saúde é unha cuestión de xustiza social, dar a cada un o que lle corresponde, e de responsabilidade persoal; non podemos permanecer indiferentes ante este problema.
- Combater estas enfermidades esixe que a sociedade actúe de xeito solidario, o que significa que todos nos sintamos responsables de todos e, por iso, que tanto o Estado como a sociedade civil, asuma a parte que lle corresponde.
- Os poderes públicos deben garantizar as aportacións económicas que faciliten tratamentos preventivos e terapéuticos necesarios e cada un de nós debe coñecer a gravidade do problema e actuar en consecuencia.
- A finalidade de Mans Unidas é erradicar a miseria, a fame, a ignorancia, a discriminación, a trivialización da vida e da sexualidade, de modo que consigamos prever e curar as enfermidades existentes.
COMPROMETÉMONOS :
- A defender o valor e a dignidade de cada vida humana e a necesidade de coidar preferentemente ós máis pobres para que teñan acceso ó dereito á saúde.
- A que esta Campaña sexa unha defensa efectiva do desenvolvemento integral de todos e cada un dos nosos socios locais e das súas comunidades, mediante o esforzo por mellorar a súa saúde e as condicións de vida que a fagan posible.
- A levar ó corazón da nosa sociedade a situación e a dor dos que padecen fame, miseria, carencias extremas e enfermidade.
- A facer partícipe á nosa sociedade dos froitos deste afán, para que aumente a solidariedade e a corresponsabilidade de todos.
- A seguir colaborando con outras organizacións nacionais e internacionais por un mundo global moito máis solidario.
- A seguir esixindo ó Goberno de España, de Europa e das Nacións Unidas, que adopten as medidas que permitan a consecución dos oito Obxectivos do Milenio, porque cada un deles condiciona o logro dos outros.
A conciencia de amor indestructible de Deus é a que nos sostén no duro e apaixoante compromiso pola xustiza e polo desenvolvemento dos pobos. Entre éxitos e fracasos, perseveramos na tarefa constante para lograr o desenvolvemento integral de tódalas persoas.
A SAÚDE DEREITO DE TODOS. ACTÚA!
Comentarios
Publicar un comentario