4 feb. 2012

Loade ó Señor, que sanda os corazóns crebados - Salmo 146

Domingo 5 Tpo. Ordinario - ciclo B



SEÑOR, ALENTA O MEU CAMIÑAR

Señor:
  Alenta o meu camiñar cotián.
Que me fixe no irmán para facerlle o ben.
Que teña paciencia e comprensión
cos que están ao meu lado.

  Que saiba visitar e escoitar a quen estea só.
Que non teña medo de denunciar a inxustiza.
Que sexa sempre ponte de unión e pacificación.

  Que saiba dar, sen regateos,
un pouco máis do meu tempo a quen o necesita.

    Que me esforce por integrarme en canto supoña colaborar,
en pór un sorriso na vida dos irmáns. Amén. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario