Catequese Comuñón III
CATEQUESE DA MISA (III)
ALGUNHAS RESPOSTAS E ACLAMACIÓNS DA ASEMBLEA
Non son mero formulismo ritual, senón diálogo ou ratificación oracional.
1. E CONTIGO TAMÉN (Resposta ao saúdo)
A asemblea responde ao "vós" do sacerdote desexando que o Señor estea co que preside, que o inspire, que o santifique, para que poida cumprir ben o seu ministerio.
2. SEÑOR, TEN PIEDADE (KYRIE, ELEISON)
É a tradución dunha expresión grega. Súplica tradicional dos cristiáns, que sempre estivo presente na liturxia, durante practicamente dous mil anos. Exclamación espontánea na presenza de Deus. Frase frecuente na Biblia, nos salmos e no evanxeo. Berro de angustia e de confianza na misericordia de Deus. Está dirixido a Xesús.
3. AMÉN
É unha palabra hebrea, que non se pode traducir por "así sexa". É resposta en presente, de esperanza, de acción de grazas, de confianza, de empeño. Debe ser cantado ou pronunciado con forza, non lánguidamente.
- Ao final das oracións, é unha forma de rezar unidos.
- Despois da Gloria e do Credo, é acto de fe.
- Ao final da Pregaria Eucarística, é aclamación gozosa a Cristo.
- Na mostración do corpo de Cristo, antes de comulgar, é recoñecemento da súa presenza real entre nós.
- Na bendición final, é certeza en que Deus bendí.
4. ALELUIA
É outra palabra hebrea, conservada na liturxia, e non traducida para non empobrecer o seu significado. É eufónica e chea de musicalidad. Está composta de dous elementos: "hallelu"=encomio e "yah"=Deus. É aclamación de xúbilo. Atópase nos salmos. É como dicir: "marabilloso, magnífico" referido a Deus. É exclamación de gloria e encomio. É berro de vitoria e de triunfo. É canto de todo o pobo, canto de alegría. É resposta pascual á presenza de Cristo resucitado.
Comentarios
Publicar un comentario