CELEBRACIÓN MÉRCORES DE CINZA NENOS

Celebración do Mércores de Cinza cos nenos

Ambientación

Nun mural ou corcho facer un círculo grande que poña no seu interior “Deus é amor” e despois monicreques (eses das inocentadas) soltos ó redor. Así estará o mural ata a hora da imposición da cinza que é cando se irán poñendo ó redor do círculo unidos polas manos. Para iso, é mellor facer a montaxe total e despois recortar para que nos encaixe.
         Os monicreques ó principio están separados (todos nos alonxamos de Deus e dos demáis. Ó final, están todos unidos a Deus e entre sí).

Canto de entrada: 

Saúdo de introducción (sacerdote ou neno/a):

Deus é amor. Se queremos de verdade aos demáis, Xesús vivirá dentro de nós, pero sempre temos o perigo de querernos máis a nós mesmos e ós nosos caprichos que ós demáis. Cando pasa iso, Xesús non pode vivir de todo a gusto no noso corazón. Se o botasemos de todo, estariamos coma mortos. O normal é que só o botemos un pouquiño: entón Xesús está incómodo en nós, e nós estamos enfermos, pachuchos.
         
Coresma significa 40 días. É un tempo que dura hasta a Semana Santa e no que intentaremos vivir varias cousas:
·        Coñecer a Xesús máis a fondo e coñecer a súa mensaxe que El nos invita a vivir.
·        Coñecernos a nós mesmos máis a fondo e descubrir por que estamos pachuchos, cal é a nosa “enfermidade” de corazón.
·        Coñecer o remedio para poñelo en práctica, de modo que Xesús estea cómodo en nós e nós sexamos felices para facer felices aos demáis.
Hoxe, mércores de Cinza reunímonos para celebrar todos xuntos o comezo destes 40 días mediante o símbolo da cinza.


Peticións de perdón

Imos facer xuntos algo que os cristiáns fixeron sempre desde hai moitos séculos: pedir perdón a Deus. É verdade que podemos pedir perdón a Deus a soas en cualquera momento, pero esta mañá é especial, porque podemos facelo xuntos, dun xeito especial, como irmáns que se reúnen xunta o Pai. Xesús está dun modo tamén especial con nós e perdoarános se de corazón lle pedimos perdón.  

Canto de perdón ou antífona despois de cada petición.

·        Porque nos portamos mal na casa.
·        Porque pelexamos entre nós.
·      Porque ter sido preguiceiros á hora de estudiar ou de axudar aos demáis.
·        Porque ás veces non dicimos a verdade por ter medo a quedar mal.
·    Porque ás veces deixamos de hacer un ben que poderiamos perfectamente facer.

(se alguén quere pedir perdón en voz alta pódeo facer)


Imposición da Cinza

Sitúase detrás do recipiente da cinza mentres se le:

Cuando queimamos algo, que queda? CINZA.
As cinzas son os nosos egoísmos e enfermidades: pelexas, mentiras, preguiza no estudio, falta de cariño e respecto ós nosos pais...

A cinza significa que queimamos todo isto e que queremos que naza en nós algo novo: a paz, a amizade, a solidariedade, o amor, a dozura, a comprensión...

Bendición da cinza e dos nenos

Sacerdote: Imos quedar uns momentos en silencio para rezar pedíndolle a Deus, o noso Pai, que nos mire con cariño a todos os aquí reunidos e que bendiga co seu amor esta cinza que imos impoñer na nosa fronte como signo do noso desexo de cambiar e deixar as nosas actitudes cómodas e egoístas.
(breves momentos de silencio)

Pai noso, cando somos sinceiros recoñecemos sinxelamente os nosos defectos sen intentar disimulalos, Ti míranos con agarimo de Pai. Míranos aquí reunidos e bendícenos a todos para que este símbolo da cinza non se quede só nun xogo, senón que sexa verdadeiro símbolo do esforzo que queremos facer nesta Coresma para coñecer máis a Xesús, a nós mesmos e chegar a ser coma Ti queres que sexamos.


Canto:
(imposición da cinza)

Os nenos que teñen que ir reconstruindo o mural, pódeno facer agora, despois de terlles imposto a eles a cinza, mentres o sacerdote acaba de impoñela ó resto.


Continúa a Celebración da Eucaristía


Liturxia da Palabra

1ª Lectura (a elixir)
Salmo Sal 22  O Señor é o meu Pastor
Evanxeo: Lc 15, 1-7 A ovella perdida

Comentario breve (homilía):
         Todos somos “ovellas perdidas” e temos que recoñecelo. Temos que chamar a Deus, que é o pastor para que nos axude a volver ó redil eb estar con El e cos demáis. Como podemos facelo?
·        Recoñecendo a nosa “enfermidada”
·        Tendo ganas de curarnos, de recibir de Dios a menciña.

No ofertorio podería ofrecer hoxe o PAN e o VIÑO

Dámosche gracias, Señor, porque non te cansas de amarnos e nos perdoas sempre. Coma o pan e o viño que che presentamos, froito da túa providencia amorosa e do noso esforzo, acolle hoxe as nosas ganas de ser mellores, de vivir esta Coresma de maneira diferente, con desexos de coñecerte, de coñecernos mellor e de amar máis aos demáis. Transforma este pan e este viño, pola acción do teu Espírito, para que sexan fonte de vida, de gozo y de salvación para moitos homes.

O Noso Pai podería ser rezado coas mans UNIDAS,  igual que pedimos perdón a Deus xuntos, tamén lle rezamos unidos.


Fonte Descoñecida, tomado de:

"La Paz De Cristo en el Reino de Cristo"
==============================
Acción Católica Mexicana Diócesis de Querétaro

 


Comentarios

Publicacións populares