7 feb. 2012

Catequese Comuñón VI

CATEQUESE DA MISA (VI)

Os RITOS DE COMUÑÓN (I)

NOSO PAI.

Comezan coa recitación (ou canto) da oración do Señor.  Oración breve, esencial, ordenada; a máis tipicamente cristiá.

RITO DA PAZ

- A paz non é mera ausencia de conflitos ou de guerra. A paz é  un don de Deus. É amizade con Deus, é recoñecemento do irmán.  Dámonos a paz porque somos membros da  Igrexa.
- O rito da paz non é mero saúdo aos que están próximos. É  un xesto preparatorio á comuñón. Debe realizarse no clima  espiritual propio e digno deste momento, evitando distraccións. Cámbiase un signo de paz soamente cos que están á beira, á dereita e á esquerda.






ADAPTADO DE : http://www.mercaba.org/FICHAS/SACRAMENTOS/EUCARISTIA/misa.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario