+ CATEQUESE DE CORESMA

Para facer cos nenos:
     Propónselle na catequese unha actividade na que preocuparse cada un de este 40 días, momentos de esforzarse por ser mellores, de "convertirse" (inda que os que están en negriña coinciden cos domingos, non é necesario facelos por orde).

40 días DE CORESMA

1. Pedir perdón cando fago algo mal
2. Participar na clase con alegría
3. Alegrar a alguén que estea triste
4. Non discutir con ninguén
5. Portarme ben na misa
6. Saudar a todos os meus compañeiros (non só ós meus amigos)
7. Aceptar a todos como son
8. Axudar a preparar a comida e a cea
9. Poñer a mesa sen que ninguén mo diga
10. Leva-lo lixo
11. Sorrir a todos
12. Perdoar ós que nos ofenderon
13. Pasa-lo rato con papá e mamá
14. Deixar que outros vexan os seus programas favoritos na tele
15. Axudar a un amigo
16. Pedir consello á profe
17. Ser amable
18. Recoller a mesa antes que mamá
19. Obedecer sen protestar
20. Facer un agasallo
21. Non molestar, nin facer ruído
22. Ter paciencia con todos
23. Xogar cos meus irmáns ou amigos sen pelexar
24. Recoller moi ben o meu cuarto
25. Face-los deberes con ganas
26. Acordarme de Xesús (falo con el un ratito)
27. Deixar ordeada a clase
28. Preguntar a papá e mamá se necesitan axuda
29. Acompañar a papá ou mamá a facer recados
30. Falar cos avós
31. Dar as gracias con alegría
32. Pedir as cousas “por favor”
33. Rezar á Virxe María
34. Axudar a manter limpa a rúa
35. Non protestar pola comida
36. Chamar por teléfono ós tíos
37. Estudiar máis que de costume sen protestar
38. Non insultar a ninguén
39. Apagar a tele e as máquinas e facer outra cousa
40. Visita-la Igrexa



O cadro é por se preferides que o leven 
e vaian recortando e pegando no calendario.


------------------------------------------------------------------------------

E estoutro, máis ou menos parecido, pero adaptado para os xoves 
(por exemplo, ós de confirmación)...


40 DÍAS DE CORESMA PARA XOVES
1. Recibe as cinzas hoxe
2. Axuda a alguén sen que cho pida
3. Dille a algún amig@ o que che gusta del/a
4. Ensina algo a alguén
5. Reparte apertas á familia
6. Dálla as grazas ó que hoxe prepara a comida
7. Adícalle tempo á túa familia
8. Comparte tempo con alguén máis novo
9. Fai algo especial por alguén sen que o saiba
10. Esfórzate hoxe por da-las grazas
11. Pide as cousas “por favor”
12. Fai una axuda extra na casa
13. Esfórzate nos estudios
14. Fai un novo amigo
15. Limpa o teu cuarto
16. Reza por alguén que morreu
17. Fai hoxe o traballo de outro
18. Escoita música que diga só cousas boas
19. Pasa tempo co teu pai
20. Axuda a limpar a casa
21. Da as grazas a Deus pola túa familia
22. Envía una tarxeta ó que está sempre so
23. Sorrí e fai sorrir a alguén
24. Le un rato para alguén
25. Xoga cos teus irmáns sen discutir
26. Hoxe non te anoxes por nada
27. Vai coa túa nai facer recados
28. Fala con Deus un rato
29. Pasa un rato cos avós
30. Ofrece a túa axuda a alguén
31. Dille á túa nai algo bonito
32. Fala con alguén que sempre está so
33. Apaga a tele e as máquinas
34. Mellora a vida de alguén
35. Fai deporte
36. Fíxate so nas cousas boas e fai una lista
37. Fala un rato coa nosa Naiciña
38. Chama a alguén da familia e fala un rato con el/a
39. Escoita o silencio un rato
40. Se amable con alguén que non te gusta




Comentarios

Publicacións populares