Vivamos ou morramos, somos do Señor - Rm 14, 7-9

Domingo 24 do Tpo. Ordinario - ciclo A


ABRAZO DE PERDÓN

Que gozo comezar contigo o día
Pai de paciencia e fonte de promesa,
saber de teu perdón, do teu abrazo,
do teu poder para darnos vida plena!

Precisas testemuñas do respecto,
que á xente e mais ao mundo ti lle gardas,
apóstolos reclamas da alegría,
que Cristo rexurdido nos regala.

O Espírito nos dás para que poidamos
con bágoas ou con risos rexurdirmos,
o Espírito de fe, raíz e cumio
da paz e da obediencia do teu Cristo.

Conta con nós, Paiciño de tenrura,
Deus poderoso, conta coa túa Igrexa,
envíanos no día que se abre,
obreiros da túa paz a esa tarefa.
           
(Diurnal da Liturxia das Horas)



Comentarios

Publicacións populares