Os meus plans non son os vosos plans - Is 55, 6-9

Domingo 25 do Tpo. Ordinario - ciclo A


SAÍCHES, SEÑOR: 
TI SEMPRE SAES

Saíches, Señor, na madrugada da historia 
a buscar xornaleiros para a túa viña. 
E deixaches a praza baleira, 
ofrecendo a todos traballo e vida. 

Saíches a media mañá, 
saíches ao mediodía, 
saíches á primeira hora da tarde, 
e tamén ao solpor ... 
e aos que ninguén contratara .. 
leváchelos á túa viña. 

Á noitiña, cumpriches a túa palabra. 
Décheslles a todos salario digno e xusto. 

Os que menos o esperaban, 
foron os primeiros en ter as súas mans cheas, 
e aínda que algúns murmuraban, 
non cambiaches a túa actitude. 

Señor, sé, coma sempre, 
xusto e xeneroso, 
compasivo e rico en misericordia, 
inimigo de prexuízos e clases, 
espléndido nos teus dons. 

Grazas por darnos traballo e vida, 
dignidade e xustiza ... 
ao teu xeito e non ao noso. 




Comentarios

Publicacións populares