Domingo 22 Ordinario A
DOMINGO XXII
ORDINARIO - CICLO A
Primeira
Lectura Xer 20, 7-9
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA XEREMÍAS
A
palabra do Señor volveuse escarnio para min
Señor, seducíchesme e deixeime
seducir;
collíchesme
e puideches comigo.
Sirvo a cotío de burla;
a
destrución é o meu pan.
Sempre que falo, teño que proclamar:
Desastre!;
teño
que clamar: Destrución!
A palabra do Señor volveuse para min
un escarnio, unha burla continua.
Se digo: "Non me vou acordar
máis del,
non
falarei máis no seu Nome",
entón
a súa palabra vólvese coma un lume abrasador no meu corazón,
un
lume prendido nos meus ósos;
fago
forza por apagalo, pero non son capaz.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
SALMO
RESPONSORIAL Sal 62, 2. 3-4. 5-6. 8-9
R/. (2b): De
ti ten sede a miña alma, Señor, meu Deus.
Deus,
o meu Deus es ti, por ti madrugo,
de
ti ten sede a miña alma,
por
ti devece o meu corpo,
coma
terra reseca, sedenta, sen auga.
Miro
cara a ti no santuario,
para
ver o teu poder e a túa gloria.
A
túa misericordia é preciosa máis cá vida,
lóante
os meus labios.
Toda
a miña vida hei bendicirte
levantando
no teu nome as miñas mans.
Coma
de graxa e manteiga, hei quedar satisfeito,
han
loarte xubilosos os meus labios.
Ti
es o meu auxilio,
á
sombra das túas ás estou contento.
A
miña alma está unida a ti,
abrigoume
a túa destra.
Segunda
Lectura Rm 12, 1-2
Ofrecede
os vosos corpos como oblación vivente
LECTURA
DA CARTA DO APÓSTOLO SAN PAULO AOS ROMANOS
Rógovos, irmáns, pola misericordia
de Deus, que ofrezades os vosos corpos como sacrificio vivo, santo, grato a
Deus: coma o voso culto espiritual.
E non vos axustedes ao mundo
presente: máis ben, transformádevos, pola renovación da mente, para que
poidades coñecer cal é a vontade de Deus: o bo, o que lle agrada, o perfecto.
Palabra do Señor R/.
Grazas a Deus
ALELUIA Cf. Ef 1, 17-18
Se
non se canta, pódese omitir.
Aleluia,
aleluia.
Que
o Pai do noso Señor Xesús Cristo
ilumine
os ollos do voso corazón
para
que saibamos cal é a esperanza da nosa vocación.
Aleluia.
Evanxeo Mt 16, 21-27
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Se
alguén quere vir comigo, renegue de si mesmo
Naquel tempo, comezou Xesús a
aclararlles aos seus discípulos que tiña que ir a Xerusalén, e que alí o ían
facer padecer moito os anciáns, os sumos sacerdotes e os letrados; que o ían
executar e que ao terceiro día había resucitar.
Pedro, colléndoo á parte, empezou a
rifar con el, dicindo:
‑ Deus te libre, Señor; a ti non che
pasará nada diso de maneira ningunha.
Pero el, volvéndose, díxolle a
Pedro:
‑ Arreda de min, Satán! Ti es un
tentador para min, porque non te deixas guiar por Deus senón polos homes.
Entón díxolles Xesús aos seus
discípulos:
‑ Se alguén quere vir comigo,
renegue de si mesmo, cargue coa súa cruz e sígame. Porque quen queira poñer a
salvo a súa vida, perderaa; pero quen a perda por min, encontraraa.
Pois de que lle serve ao home gañar o
mundo enteiro se arruína a súa vida? E que pode dar un home en troco pola súa
vida?
Porque o Fillo do Home ha vir na
gloria de seu Pai cos seus anxos; entón pagará a cadaquén conforme á súa
conduta.
Palabra do Señor R/.
Loámoste, Cristo
Comentarios
Publicar un comentario