Ofrecede os vosos corpos como oblación vivente - Rm 12, 1-2

Domingo 22 do Tpo. Ordinario - ciclo A


GANANCIAS E PERDAS

Nos libros de contas
engadimos ao «haber» e restamos no «deber».
Nos libros de contas da vida
buscamos as ganancias e fuximos das perdas.

Gañamos cando sumamos, colleitamos e almacenamos.
Perdemos cando restamos, baleiramos e regalamos.
Estas son as túas contas, Señor Xesús?
Este é o camiño do discipulado?
Estes son os números do evanxeo?

Ensínanos a comprender que te manexas con outros criterios;
que cando nos entregamos máis recibimos.
Cando somos xenerosos, máis colleitamos.
Cando perdoamos, máis abrazamos.
Cando reconciliamos, máis construímos.
Cando nos esquecemos de nós, máis e mellor gañamos.

Señor Xesús, afasta de nós
a tentación de seguir outros engados,
que afagan e seducen, pero que,
á vez, máis nos ocultan o teu Reino.
                                
   EVD


Comentarios

Publicacións populares