A plenitude da lei é o amor - Rm 13, 8-10

Domingo 23 de Ordinario - ciclo A


SENTIMOS, SEÑOR, 
A TÚA PRESENZA  

Sentimos, Señor, a túa presenza,
cálida, amigable, resucitada.
Grazas por quedar connosco.
Sen ti, que baleiro na nosa vida!
Mírasnos con amor inmerecido,
un amor que nos limpa e nos recrea.

Acende o noso corazón coa túa palabra.
Ensínanos a partir o pan,
a compartir o que temos, o que somos.
Ninguén sexa excluído da nosa mesa.
Ensínanos a vivir na común-unión,
Ti, o primeiro enfermo de fraternidade,
Ti, que abres os brazos totalmente
para acollernos a todos,
Ti, que te fas comestible, faste pan,
para alimentarnos co teu mesmo Espírito.


Queremos estar sempre contigo,
recoñecerte no camiño,
en cada irmán que sae ao noso encontro,
en cada pobre e desvalido,
en cada ancián e enfermo,
en cada inmigrante e esmoleiro,
en cada vítima do odio, do terror,
do egoísmo humano.


Fainos, Señor, Eucaristía,
signos do teu amor e da túa entrega,
testemuñas de amizade e comuñón,
na nosa sociedade, no noso barrio.
Grazas, Señor, pola túa presenza!
E queda sempre connosco!


EVD



Comentarios

Publicacións populares