CELEBRACIÓN INICIO DE CURSO
Celebración do comezo de curso
coa Parábola do Sementador
Obxectivos:
-Tomar conciencia do tempo de curso como o tempo en que recibimos para dar froito.
-Cuestionarse o alumno en que actitude está, en cal lle gustaría estar.
Necesítase ter preparados:
1.- Seis carteis para representar o contido da parábola (follas Din A4 en horizontal
cunha cordiña pegada por detrás para que se poidan colgar do pescozo)
2.- Outros seis carteis para a explicación da parábola
3.- Seis nenos que sosterán no seu pescozo os carteis devanditos e outro (ou dous) que axudará a colgarllos. Os 6 colócanse en liña na bancada do altar, onde poidan ser ben vistos.
4.- Un lector para facer a lectura xunto co Celebrante.
Modo de proceder
Ben se utilice este recurso como lectura dunha Eucaristía ou como lectura dentro dunha celebración de acollida, propomos facer:
1º.- Unha primeira lectura, sen representación algunha, como proclamación da palabra, do texto da parábola:
2º.- Representación.
"Agora imos representar de modo sinxelo a parábola, que saian seis e se coloquen de cara ao público. Imos supor que representan as seis clases de terra que se di na parábola". Unha segunda lectura, talvez un pouco máis rápida:
3º.- Homilía en acción
Terminada a lectura, o celebrante introduce a aplicación seguinte: "A parábola di o que adoita pasar. Imos facer unha aplicación da parábola a nós, os estudantes, no comezo de curso; imos supor que os estudantes somos como terra que se sementa... A ver se adoita pasar o seguinte..."
4º Reflexión final
"Somos como terra que se sementa.
En todos cae a semente por igual, o froito do curso adoita ser diferente nuns e noutros.
Se o entendiches, mira a que cartel do seis pertenciches no curso anterior.
E a continuación, mira ao que desexas pertencer este curso.
Acción! Que vas facer para pertencer ao grupo que estás a desexar?"
ORACIÓN FINAL
Se non segue a celebración da Eucaristía, preparade algunhas peticións
desexando ser boa terra,
desexando dar bo froito,
desexando ser responsables coas oportunidades que temos,
pedindo por todos os de nosa mesma idade que tamén nestas datas comezan o curso,
pedindo polos que non teñen oportunidades...
Ch.R
Comentarios
Publicar un comentario