A miña vida é Cristo - Flp 1, 20c-24. 27a
Domingo 25 do Tpo. Ordinario - ciclo A
Á TÚA MANEIRA
Saíches, Señor, na madrugada da historia
a buscar obreiros para a túa viña.
E deixaches a praza baleira -sen paro-,
ofrecendo a todos traballo e vida
–salario. dignidade e xustiza-.
Saíches a media mañá,
saíches a mediodía e a primeira hora da tarde
volviches recorrela enteira.
Saíches por fin, cando o sol declinaba,
e aos que ninguén contratara
leváchelos todos á túa viña,
porque se che revolveron as entrañas
vendo tanto traballo na túa facenda,
vendo tantos parados que querían traballo
–salario, dignidade e xustiza-
e estaban condenados todo o día a non facer nada.
Á noitiña cumpriches a túa palabra.
A todos lles deches salario digno e xusto,
segundo o corazón e as necesidades te ditaban.
Quen menos o esperaban foron
os primeiros en ver as súas mans cheas.
E, aínda que algúns refungaron,
non cambiaches de política evanxélica.
Señor, sé, coma sempre, xusto e xeneroso,
compasivo e rico en misericordia,
inimigo de prexuízos e clases,
e espléndido nos teus dons.
Grazas por darme traballo e vida,
dignidade e xustiza á túa maneira … non á miña.
Ulibarri, Fl.
Comentarios
Publicar un comentario