4 jun. 2016

Reveloume o seu Fillo, para que volo predicase aos xentís - Gal 1, 11-19

Domingo 10 do Tpo. Ordinario - ciclo C


CREO EN XESUCRISTO

Creo en Xesús o Cristo,
cuxa vida, desde o fondo da terra e desde Deus,
segue anunciando que ningunha criatura
está nunca soa, nunca está abandonada.
Creo en Xesús, noso Señor, o que nos fai libres
de todo os señores, de todos os poderes,
de todo os temores que no ameazan e encollen.
Pois para que sexamos libres liberounos Cristo (Gál 5, 1).

Creo en Xesús que lava os pés e serve á mesa
e imponnos o único mandato do amor feliz
de si e do amor servizal mutuo.
Creo que Xesús nos devolve a confianza en nós mesmos,
así como a confianza  no mundo de hoxe
con toda a súa complexidade, con toda a súa vulnerabilidade.

Creo en Xesús, Fillo único. El que impregnou
a súa profecía e a súa rebeldía na tenrura de Deus.
El que se soubo plenamente, fundado, afirmado,
enviado e sostido por Deus en todo momento.
Creo que nel nos percibimos, aínda que só sexa a escuras,
como fillos e fillas amorosamente xeradas,
pacientemente elaboradas, incondicionalmente amadas.
Creo que con el aprendemos a chamar a Deus
con infinita confianza e humildade: Abbá!


                                       
José Arregui

No hay comentarios:

Publicar un comentario